Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Converfit revoluciona dende Vigo o ámbito da comunicación empresa-clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Converfit revoluciona dende Vigo o ámbito da comunicación empresa-clientes

Redacción
Publicado: 29/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

converfit_computador.jpgConverfit é unha iniciativa (unha start-up e unha ferramenta) xurdida en Vigo que está a achegar importantes avances en materia de analítica web, que é o ámbito de estudo orientado a tirar datos de valor sobre a información inxente na Rede (co obxectivo de optimizar múltiples estratexias profesionais ou empresariais). Trátase dun sistema de xestión de clientes ao servizo de todo tipo de empresas que ten o seu xermolo en Citious, nome co que se designou unha ferramenta da que temos falado en Código Cero con motivo da súa participación (a través da firma do mesmo nome) no Google Campus Exchange e dos seus obxectivos: achegar mensaxería instantánea de atención ao cliente. Tanto Citious como agora Converfit veñen da man de Pablo Gutiérrez Alfaro e Jorge Rodríguez Núñez, dous emprendedores de Vigo. Segundo explican, Converfit xurdiu precisamente polo interese das empresas en Citious. Viron nesta unha ferramenta un recurso para mellorar a súa comunicación e pedíronlle máis recursos. De aí naceu Converfit, que prepara versión para PEME.
Converfit, explican Pablo e Jorge, é unha canle de comunicación de gran utilidade para as compañías. A través dela, sinalan, poden coñecer máis e mellor as demandas reais dos seus clientes. Para isto, pon en xogo cousas como un sistema de creación de perfís e unha canle de chat directo cos usuarios que se interesan, que adquiren e que proban algún produto ou servizo. O obxectivo, tamén, é que as empresas poidan atopar as mellores e máis útiles respostas ás seguintes preguntas: como podo axudar aos persoas que se interesan polo que vendo e como podo achegarlles a mellor experiencia posible?
Converfit diríxese a dar solucións e datos de valor a todo tipo de firmas e sectores e ámbitos de venda, ben sexan da nosa terra, estatais ou de calquera país. Arestora hai profesionais da mercadotecnia e da atención ao cliente tirándolle partido en múltiples recantos do mundo. Segundo salienta Pablo Gutiérrez acerca deste interese, a fórmula radica en ter sabido atopar un baleiro do mercado en liña, e, tamén, en ter atopado o amaño para ese baleiro. Esta febleza do mercado en liña corresponderíase, na vida real, aos problemas que se derivarían de entrarmos nunha tenda na procura dun produto e non ser atendidos nin asesorados de maneira correcta.
Por certo que a gran novidade vindeira de Converfit radica no inminente lanzamento da súa versión máis acaída para o ámbito das pequenas e medianas empresas (ata o de agora a ferramenta encaixaba máis no ámbito das grandes firmas).
Como lembraremos, a start-up galega foi a única nova firma estatal seleccionada na palestra Microsoft Ventures Accelerator desenvolvida en Londres. Máis tarde os impulsores da firma foron convidados por Google para participar en Silicon Valley no programa BackBoxConnect. Previamente, Citious tivo a oportunidade de beneficiarse do impulso achegado pola aceleradora Vía Galicia (foi un dos 10 finalistas da segunda edición da palestra da Zona Franca de Vigo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?