Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Viraxe TIC impulsará a creación de contidos dixitais en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Viraxe TIC impulsará a creación de contidos dixitais en Galicia

Redacción
Publicado: 29/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

viraxetic.jpgA AMTEGA, xunto co Clúster TIC de Galicia e o Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) formalizaron esta a mañá a posta en marcha de Viraxe TIC, un programa que busca acelerar o desenvolvemento e a competitividade do sector de contidos dixitais na Comunidade e que implica ao conxunto do hipersector TIC galego, un sector estratéxico para o crecemento económico-social da Comunidade, que representa o 2,3% do PIB galego e emprega a máis de 19.500 persoas.
O convenio asinado hoxe entre a directora da AMTEGA, Mar Pereira, e os presidentes do Clústers tecnolóxico e audiovisual, Antonio Rodríguez, e Andrés Barbé, supón o punto de partida da primeira fase de Viraxe TIC, a de identificación e definición de proxectos conxuntos entre empresas de ambos sectores no ámbito dos contidos dixitais. Esta primeira etapa do programa conta cun orzamento de 300.000 euros, dos cales 270.000 euros serán achegados pola AMTEGA e o importe restante por ambos Clústers.

Contidos
  • 1ª fase: análise de oportunidades, foros e servizo de apoio
  • 2ª fase: liña de axudas de 3,7 millóns de euros

1ª fase: análise de oportunidades, foros e servizo de apoio

antonio_rodriguez_mar_pereira_andres_barbe.jpgA primeira fase de Viraxe TIC abrangue tres liñas de actuación: a análise das oportunidades de negocio para o sector dos contidos dixitais; a celebración de foros de intercambio e networking entre o sector TIC e o audiovisual e a prestación de servizos de asesoramento.
A elaboración dun estudo para identificar os principais ámbitos de actuación ofrecerá unha detallada análise do panorama actual do sector dos contidos dixitais ante as novas e as perspectivas do sector ante as novas tendencias e os casos de referencia.
O acordo contempla tamén a celebración de espazos abertos e foros para a colaboración, o intercambio de coñecemento e o networking entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. En outubro celebrase un evento de posicionamento rexional de encontro entre todos os axentes do ecosistema da innovación tecnolóxica en torno ao sector de contidos dixitais, que permita promover e reforzar alianzas entre os axentes locais e expertos de recoñecido prestixio no sector a nivel internacional.
A terceira liña de actuación é a posta en marcha dun servizo de apoio e asesoramento para facilitar o desenvolvemento de grandes proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. O obxectivo é facilitarlles ás empresas de ambos sectores que desexen abordar iniciativas conxuntas soporte para a análise da viabilidade técnica, operativa, económica e comercial do proxecto e para a identificación de referentes e casos de éxito.

2ª fase: liña de axudas de 3,7 millóns de euros

Nunha segunda fase, o Programa ViraxeTIC incentivará o desenvolvemento deses novos ou mellorados produtos, procesos e servizos identificados na primeira parte do programa para impulsar a modernización e innovación tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais de Galicia.
Con este obxectivo está previsto o lanzamento dunha liña de axudas dotada con máis de 3,7 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e de contidos dixitais no período 2017-2019.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?