A investigadora do centro AtlantTIC (Universidade de Vigo) Carmen García Mateo foi nomeada membro por elección do Pleno do Consello da Cultura Galega, un recoñecemento á súa traxectoria (a prol da innovación e o coñecemento na nosa terra, a prol da igualdade de xénero nestes ámbitos de investigación e a prol, tamén, da nosa lingua no ámbito tecnolóxico) que se une ao recibido en 2014 cando recibiu o premio María Josefa Wonenburger concedido polo Goberno galego. Carmen García Mateo, que leva ligada á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dende finais da década dos oitenta, é catedrática no departamento da Teoría de Sinal e Comunicacións e directora do Grupo de Tecnologías Multimedia (GTM) del Centro de Investigación AtlantTIC.
O GTM, acreditado pola Xunta como Grupo de Referencia Competitiva dende 2004, centra os seus traballos de investigación na conversión texto-voz e o recoñecemento automático de voz multilingüe nos idiomas galego, castelán e inglés. Segundo reflicte AtlantTIC, “trátase dunha liña de traballo moi activa grazas á cal o grupo xa foi quen de obter diversos premios e distincións internacionais, como por exemplo a cuarta posición en MediaEval 2015, un concurso centrado na avaliación e a recuperación de datos (voz e imaxe) sobre arquivos multimedia. Ademais disto, o grupo tamén desenvolve innovación e recursos e análise e recoñecemento facial baseado na biometría das persoas especialmente para a súa aplicación en Internet.
A día de hoxe, García Mateo e o seu equipo céntranse en dar visibilidade ao sistema de innovación de Galicia a través das súas investigación. O grupo é un referente na detección multilingüe de información de persoas en arquivos multimedia. Ademais, dende 2004 forma parte da rede de excelencia europea Biometrics for Secure Authentication-BIOSECURE.
A directora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia de AtlantTIC, no Pleno do CCG
Compartir Este Artigo

