Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA refórzase para ampliar e fortalecer os seus servizos de alta calidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA refórzase para ampliar e fortalecer os seus servizos de alta calidade

Redacción
Publicado: 01/08/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cesga_entrada-2.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de facer reconto das novidades xurdidas no seu seo ao longo de 2015 en materia de novos equipamentos. Estas novas infraestruturas, que en palabras do CESGA “permitirán nos vindeiros anos ofrecer un conxunto moi completo de servizos de alta calidade aos seus usuarios”, son froito dun traballo e un compromiso conxuntos que conseguiron, co seu pulo, arredar do futuro do centro os agoiros máis negativos en cuestión de investimento (por mor da situación económica recente). Segundo informan fontes do centro, “grazas ao esforzo do CESGA e o decidido apoio da Xunta, o Ministerio de Economía e Competitividade e o CSIC, conseguise renovar a infraestrutura de supercomputación e o Finis Terrae II é xa unha realidade”.
No reconto de novidades salienta polo tanto a incorporación ao CESGA do Finis Terrae II, pero non é a única achega tecnolóxica que destacar. Polo que atinxe ao dito supercomputador, o centro lembra que a súa infraestrutura está entendida sobre todo para “a resolución eficiente de grandes problemas paralelos”. Desta maneira, o seu deseño estivo baseado neste factor. Finis Terrae II incorpora un total de 7.712 núcleos de procesador da tecnoloxía Intel Xeon E5 Hasswel, interconectados por unha rede de comunicacións de baixa latencia de tipo Infiniband. Co obxectivo de dar o mellor servizo en materia de procesamento da información inxente (que adoita derivar, tamén, en grandes cantidades de datos), o supercomputador incorpora un sistema de almacenamento paralelo de altas prestacións, con potencial para proporcionar simultaneamente unha elevada capacidade (760 Terabytes netos) e sobre todo un elevado rendemento (maior que 20 Gigabytes por segundo). “Deste xeito”, explica o CESGA, “os cálculos non son retardados polas operacións de entrada/saída cara aos discos”.
Respecto ao deseño do equipo, fíxose fincapé en adicar a maioría dos recursos aos casos máis utilizados no centro, “polo que a súa arquitectura está sobre todo baseada en nodos lixeiros (thin nodes) que empregan procesadores estandar de Intel, axeitados para a meirande parte das aplicacións usadas polos usuarios do CESGA”, explica o centro, que engade que tamén se incluíu un nodo de cálculo groso (fat node) para “dar resposta a necesidades de gran cantidade de memoria compartida, é dicir, nun único nodo de cálculo”. Igualmente, tentouse dar resposta aos usuarios e aplicacións que son quen de aproveitar as vantaxes do procesado de propósito xeral en unidades de procesado gráfico (GPGPU), polo que en Finis Terrae II incorporáronse oito procesadores NVidia Tesla K80. Para dar acceso á tecnoloxía de tipo multinúcleo de Intel, no sistema incluíronse 4 procesadores Intel Xeon Phi.
Outra das novidades de 2015 ten que ver cos servizos de computación na nube, que se complementan (coas mesmas infraestruturas) cos servizos SVG (Supercomputador Virtual Galego) e que se reforzaron (todos eles) coa incorporación dun conxunto de servidores que poden ser adicados a unha ou outra función (nube ou SVG) dependendo da necesidade. Así, adquiríronse un total de 72 servidores que acumulan un total de 1440 núcleos de procesador e 9,2 TB de memoria para este propósito.
No ámbito da información inxente (Big Data), fortaleceuse a capacidade do centro neste ámbito coa inclusión de 42 nodos servidores, acumulando un total de 480 núcleos de procesador, 2,4 TB de memoria e 800 TB de disco.
En materia de visualización remota científica (un recurso moi empregado para a correcta interpretación dos resultados dos cálculos feitos nos computadores), implantouse unha solución de altas prestacións, dispoñéndose dunha infraestrutura de catro servidores cunha tarxeta gráfica que posibilita o emprego simultáneo de varias aplicacións con certos requirimentos gráficos.
No que se refire aos usos industriais e empresarias dos recursos do CESGA, lembrar que o centro está involucrado nunha manchea de iniciativas relacionadas coa promoción do uso de tecnoloxías avanzadas de computación nas PEME, entre as que cómpre citar o proxecto FORTISSIMO, ou a Rede Europea de Centros de Competencias en Computación de Altas Prestacións para PEME (SESAME Net) entre outras. Desde a Axencia Galega de Innovación (GAIN) quíxose dotar ao CESGA dunha infraestrutura de cálculo específica para proxectos empresariais, de modo que poidan prestar os servizos requiridos polas empresas sen competir polo uso dos recursos xerais do CESGA, dispoñibles para unha ampla comunidade de usuarios.
A actualización tecnolóxica das infraestruturas do CESGA supuxo un investimento de 5,2 millóns de euros que foron financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Economía e Competitividade con achega do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A infraestrutura de cálculo específica para proxectos empresariais foi financiada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través de Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?