Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto dun cento de rapaces participaron no campamento ICC Kids de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto dun cento de rapaces participaron no campamento ICC Kids de Ourense

Redacción
Publicado: 02/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

icc_kids_participantes_apertura.jpgCase un cento de nenas e nenos de Ourense (de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos) participaron do Campamento Tecnolóxico ICC Kids que se celebrou os días pasados na cidade (durante o mes de xullo). A actividade, desenvolvida en La Molinera, estivo moi centrada no lecer, pero facendo fincapé no uso das novas tecnoloxías tanto dende un punto de vista lúdico como tamén educativo. O acto de peche desta primeira edición do campamento celebrouse o pasado sábado 30 e xuntou non só aos nenos participante senón tamén aos monitores, ás familias e aos principais representantes das entidades implicadas na organización da actividade: o Concello e a Deputación de Ourense.
O seu obxectivo foi fomentar a vocación tecnolóxica, innovadora, científica e investigadora da rapazada. Os obradoiros incluídos no programa centráronse (por exemplo) en introducilos nos segredos do deseño de aparellos tecnolóxicos, na construción de robots, no manexo de impresoras 3D ou no desenvolvemento de videoxogos, entre outras cousas. Asemade, a achega de actividades abrangueu sesións sobre fotografía, técnicas stop-motion e vídeo-mapping. Segundo informou a organización, “unha das grandes finalidades do campamento foi fornecer ás familias un programa alternativo de actividades, obradoiros abertos á experimentación das nenas e dos nenos coas novas tecnoloxías e as artes dixitais”. E engadiron dende La Molinera: “A través destas experiencias sorprendentes e co xogo e a curiosidade como motores, os pequenos aprenden de forma interactiva e indagando en equipo á vez que se converten en artistas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?