Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña impulsa nas redes a Feira do Libro da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña impulsa nas redes a Feira do Libro da Coruña

Redacción
Publicado: 03/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_coruna_feira_libro.jpgA Deputación da Coruña está a darlle impulso nas redes sociais á Feira do Libro da Coruña, que se desenvolve ata o 10 de agosto. Na inauguración do evento libreiro participou, de feito, a vicepresidenta e responsable de Cultura da entidade provincial, Goretti Sanmartín, que defendeu o acto de ler como “un acto colectivo que implica ás persoas que len pero tamén ás mestras e mestres e ás que escriben, editan ou traballan nas librarías”. O acto de apertura da Feira do Libro contou tamén coa intervención da presidenta da Federación de Libreiros, Pilar Rodríguez, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, ademais de de Pinto e Chinto (lectores do pregón).
Segundo fixo saber Goretti Sanmartín, a presenza da área de Cultura da Deputación difundirase nas redes por medio dun vídeo de promoción que levará o lema #CulturaenIrmandade e que incluirá referencias a Manuel María, ás Irmandades e á literatura galega, ademais da participación de distintas persoas ligadas á literatura que explican as razóns que as levaron a seren lectoras e escritoras. Entre as integrantes desta irmandade lectora que concorren no vídeo atópanse a escritora Rosalía Fernández Rial, a historiadora Mercedes Queixas ou o coordinador de actividades da Fundación Manuel María, Fran Rei.
Segundo fai saber a Deputación, coa devandita etiqueta tamén se vai difundir o #CaféDasIrmandades, unha actividade na que ás asistentes a feira poderán retratarse con Antón Vilar Ponte e María Miramontes, dous dos protagonistas das Irmandades da Fala. O día 4 de agosto pola mañá, entre as 11:00 e as 12:00 da mañá e outro o 10 a de agosto pola tarde, entre as 18:00 e as 19:00 serían as dúas sesións nas que, ademais, se desenvolverían conversas sobre as Irmandades arredor dun café. Pola súa banda, #LibrosEnIrmandade é a etiqueta coa que se marcarán minivideos de 30 segundos para, en palabras da entidade provincial coruñesa, “incrustalos directamente nas redes sociais”. Así, a través desta iniciativa dixital, “autores e autoras literarias que pasen pola feira falarannos dos seus libros e as persoas asistentes recomendarán a lectura de dos seus títulos preferidos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?