Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acada 4,1 millóns para converterse en smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acada 4,1 millóns para converterse en smart

Redacción
Publicado: 03/08/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez
A iniciativa para converter Lugo nunha cidade avanzada, intelixente e sustentable, o proxecto Lugo Smart City, vén de recibir un importante pulo para o seu desenvolvemento. Así o fixo saber este martes a alcaldesa Lara Méndez, que sinalou que o concello contará con 4,1 millóns de euros para afianzarse no ámbito smart con todo o que isto implica (máis eAdministración, máis eficiencia nos recursos, máis sustentabilidade). Deste orzamento, sinalou a rexedora, o 60% (uns 2,5 millóns) vén da man do Ministerio de Industria e Enerxía, través de Red.es (co co-financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), procedendo o 40% restante do Concello, máis de 1,6 millóns de euros, 822.560 euros para esta anualidade e outros 822.560 para a que vén.
Lugo Smart City levouse a cabo dende diversas concellerías, a de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, a de Concello e Cidadanía e a de Desenvolvemento Sostible, así como dende diversas áreas como o Centro de Empresas e Innovación. A alcaldesa tamén lembrou que a iniciativa acadou o aval de 11 institucións públicas e privadas, a Deputación de Lugo, a Universidade de Santiago (Campus de Lugo), o Concello de Xixón, a Confederación de Empresarios de Lugo, a Federación de Comercio, a Asociación de Empresarias de Lugo e Telefónica, así como a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, a Fundación TIC e a Asociación Terras de Lugo.
Segundo engadiu Lara Méndez, estes apoios foron “decisivos” para a consecución do devandito pulo orzamentario e para a inclusión do proxecto smart local na II Convocatoria de Cidades Intelixentes. Xunto cunha ducia de programas análogos doutras localidades de todo o ámbito estatal, a iniciativa da Cidade da Muralla impúxose na Convocatoria entre 111 proxectos presentados. “A proposta de Lugo”, engadiu, “foi a única de Galicia presentada de xeito individual que acadou financiamento, pois A Coruña e Santiago presentaron unha plataforma conxunta con Madrid e Zaragoza, quedando en sexto posto”.
Tal e como manifestou a rexedora, con Lugo Smart City o Concello busca máis integración para “involucrar á cidadanía nos procesos administrativos do Concello, eficiencia para mellorar a prestación de servizos públicos locais con alta incidencia no cidadán a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC; transparencia para facilitar o acceso, a consulta e o uso dos datos públicos dos servizos municipais e coordinación, para axilizar o traballo entre as áreas municipais a través da integración de servizos intelixentes”. Isto, sinalou, garantirá “axilidade, máis participación da veciñanza e un aforro para a administración e a cidadanía de 1,6 millóns de euros nun ano, aforro que se verá incrementado a longo prazo, chegando ata 8 millóns de euros en 5 anos, é dicir, o dobre do investido”.
Entre as liñas de acción fundamentais que acubilla este proxecto figuran as seguintes:
· Administración Electrónica, co que se pretende unificar todas as tarefas administrativas internas e de seguridade (985.000 euros)
· Plataforma de xestión intelixente de infraestruturas locais baseada no GIS (Sistema de Información Xeográfica) para a xestión administrativa, económica, urbanística, ocupación da vía pública, infraestruturas e mobiliario urbano (82.700€)
· Tarxeta intelixente. Incluiría ademais do pago de transporte urbano que xa se pode realizar a día de hoxe, o pago de taxas municipais ou a verificación de identidades en eAdministración, entre outras (190.000€).
· Portal de Transparencia. Fortalecemento do actual, posto en marcha o pasado mes de maio, que inclúa ademais un portal de Goberno Aberto ou indicadores de transparencia (80.450 euros)
· Xestión intelixente do aparcamento para 200 prazas, a través dunha rede de sensores sen fíos instalados no asfalto, que detectarán o peso dun vehículo, o que indicará que existe ou non unha praza libre de aparcadoiro a través dunha aplicación móbil, que contará cun sistema de guiado ata a praza libre máis próxima (267.000€)
· Xestión de refugallos sólidos urbanos, mediante o que se instalarán sensores de almacenamento conectados vía GPRS ou 3G nos colectores, principalmente para os do territorio rural, cun software central, “o que indicará se é preciso ou non pasar a recoller o lixo” (607.400€)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?