Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xinzo presenta novo deseño web e anuncia sete puntos Wi-Fi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xinzo presenta novo deseño web e anuncia sete puntos Wi-Fi

Redacción
Publicado: 03/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xinzo.jpgO Concello de Xinzo de Limia vén de presentar varias novidades importantes relacionadas co tecnolóxico e que se dirixen, todas elas, a amplificar e mellorar os servizos de comunicación da cidadanía (e “coa” cidadanía). En primeiro lugar, estreará un novo deseño da web de seu, que terá un deseño responsive plenamente adaptado a todo tipo de dispositivos e grazas ao cal, sinalouse na presentación, “calquera cidadán poderá navegar sen complicacións”. Ademais disto, a páxina levou parello un traballo importante de posicionamento, co fin de que acabe por ser o elemento máis referencial e máis visible nos buscadores que empreguemos para procurar a web do concello.
Por outro lado o Goberno local tamén deu a coñecer a apertura de sete puntos de conexión a Internet de carácter público e baseados en tecnoloxía Wi-Fi. Trátase, informou o Concello, dunha serie de equipamentos que van permitir á veciñanza conectarse de balde á Rede e no propio casco urbano da vila ourensá. Habilitaranse na praza Carlos Casares, no parque do Toural, no Pavillón, nas piscinas, na Escola de Gaitas, no campo de fútbol e no Conservatorio de Música. Os puntos de conexión asegurarán boa calidade de servizo para trinta usuarios simultáneos conectados a cada un deles.
Volvendo á web, os representantes do Goberno local salientaron as súas posibilidades de comunicación e participación, de feito incorpora unha sección de vídeos onde se poderán ver as gravacións dos plenos municipais grazas ás cámaras instaladas no salón do consistorio. Ademais, abriuse a posibilidade de emitir plenos en directo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?