Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo contará cunha app para facilitar a xestión intelixente do aparcamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo contará cunha app para facilitar a xestión intelixente do aparcamento

Redacción
Publicado: 04/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aparcamento.jpgO ambicioso proxecto intelixente da Cidade da Muralla, Lugo Smart City (do que falamos onte en Código Cero para salientar o pulo estatal recibido e o investimento co que parte, 4,1 millóns de euros), abrangue entre as súas moitas medidas o despregamento de tecnoloxía para facer máis doado e eficiente aos condutores o proceso de busca de aparcadoiro. E todo a través dos seus móbiles. Esta iniciativa (Xestión intelixente do aparcamento) centrarase para comezar nun emprazamento céntrico da cidade e dando cobertura, nos seus primeiros pasos, a 200 prazas de aparcadoiro. En termos máis concretos, contempla a instalación dunha rede de sensores sen fíos instalados no asfalto que detectarán o peso dun vehículo.
A devandita información obtida servirá para indicar se existe ou non unha praza libre de aparcadoiro. Isto canalizarase a través dunha aplicación móbil específica (unha app), que contará cun sistema de guiado ata a praza libre máis próxima. O orzamento do que dispón esta iniciativa é de 267.000 euros. O Concello, malia toda a información achegada sobre Lugo Smart City, non forneceu a localización exacta onde se vai despregar esta tecnoloxía. Prevese, iso si, que será nunha zona próxima ao centro. Segundo se avanza nos medios de comunicación, o servizo será de balde para a cidadanía e serviría, en gran medida, para desconxestionar o tráfico e reducir tránsito e contaminación. A medida, en certo sentido, seguiría o ronsel doutras experiencias semellantes levadas a cabo en cidades como Compostela, onde, como lembraremos, habilitouse unha proba piloto na avenida de Barcelona, botando man de tecnoloxía galega para móbiles (a aplicación galega Apparcar).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?