Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma de goberno aberto de Santiago e Coruña obtivo o terceiro posto na convocatoria smart de Red.es
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma de goberno aberto de Santiago e Coruña obtivo o terceiro posto na convocatoria smart de Red.es

Redacción
Publicado: 05/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_santiago_smart_presentacion.jpgO proxecto smart no que participan Santiago e Coruña (xunto con Madrid e Zaragoza) obtivo a terceira mellor puntuación entre as iniciativas presentadas (111) á segunda Convocatoria de Cidades Intelixentes promovida polo Ministerio de Industria (a través de Red.es). Así o fixo saber onte o alcalde compostelán, que debullou as liñas principais do proxecto smart no que concorre (Plataforma de goberno aberto, colaborativo e interoperable) e salientou o feito de ter sido incluído entre as 14 propostas elixidas das 111 presentadas. Segundo fixo saber, a dita plataforma “supón dar un paso máis cara a mellorar a transparencia no noso Concello”. De feito, daría continuidade a medidas como os Orzamentos Participativos, que como lembraremos xa teñen páxina web de seu (decide.santiagodecompostela.gal) para que os cidadáns presenten as súas propostas de investimento.
Segundo engadiu o alcalde, Martiño Noriega, o devandito proxecto smart foi o único proxecto gañador presentado en colaboración con outras cidades, como A Coruña, Zaragoza ou Madrid, “o que demostra que o traballo en rede, con independencia da cor política, resulta tremendamente positivo cando nos marcamos obxectivos comúns e cando queremos ser máis eficientes na xestión e no uso dos fondos públicos”.,
cidades_intelixentes_red.es.jpgTamén explicou que dos dous millóns de euros de subvención obtidos a través da Convocatoria de Red.es para a posta en marcha de actuacións relacionadas coa transparencia, o Concello de Santiago recibirá 300.000 euros, debendo achegar 200.000 de fondos propios.
Martiño Noriega fixo saber que na realización do proxecto o Concello obtivo o apoio de diversas entidades e empresas, tanto a nivel local e galego como estatal. “O proxecto”, explicou a un nivel máis concreto, “permitirá normalizar a semántica dos datos, é dicir, que todos os concellos utilicen a mesma terminoloxía para que a información á que se fai referencia poida ser comparada e analizada”. A maiores, “a plataforma permitirá seguir avanzando nos orzamentos participativos e fomentar que o acceso aos datos por parte da cidadanía sexa sinxelo e práctico”, informou, ao que tempo que engadiu que grazas á plataforma “poderase facilitar o cumprimento da ordenanza de transparencia, aforrando recursos propios ao partir das estruturas que teñen cidades como Madrid ou Zaragoza, que son referentes en materia de transparencia con índices internacionais superiores aos 90 puntos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?