Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas galegas precisarán preto de tres milleiros de profesionais TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas galegas precisarán preto de tres milleiros de profesionais TIC

Redacción
Publicado: 05/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_traballando-2.jpgTemos novos datos sobre a empregabilidade favorecida polo afianzamento das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e as súas posibilidades para as empresas. A información (Novos perfís profesionais dixitais nas empresas de Galicia) vén da man do Observatorio da Sociedade da Información (OSIMGA) adscrito a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). O documento achega “unha visión actualizada das oportunidades laborais vinculadas ao sector tecnolóxico e ás novas profesións que están a xurdir na era dixital en Galicia”. Segundo se fai saber no informe, o noso tecido económico precisa de máis traballadoras/es TIC.
En concreto, necesitará máis de 2.900 profesionais TIC en Galicia durante o período 2016-2018. Un 54% destes perfís dixitais serán demandados por empresas do sector tecnolóxico-dixital e o 46% restante por empresas dos restantes sectores produtivos. A empresas sinalan que xa no presente ano precisarían case a metade destes perfís, arredor de 1.400 profesionais TIC especializados nas novas tendencias dixitais, para cubrir as súas necesidades.
Segundo o estudo as empresas TIC prognostican unha maior demanda de perfís vinculados ao ámbito da mobilidade, datos masivos e intelixencia nos negocios, á xestión administrativa e comercial, computación na nube ou comercio electrónico, mentres que nas empresas non TIC predomina a demanda de perfís profesionais relacionados coa xestión administrativa e comercial, seguido en segundo plano por aqueles do eido da mobilidade, datos masivos (Big Data), ecommerce ou mercadotecnia dixital.
O informe, a maiores, reflicte que a oferta de profesionais dixitais en Galicia non está a medrar ao mesmo ritmo que a demanda, tal e como se desprende da evolución do número de matriculados en carreiras do ámbito STEM (científico, tecnolóxico, en enxeñarías e matemáticas), que pasou de 5.750 en 2010 a 5.177 en 2015 (o 9,2% do total de alumnos/ as matriculados no Sistema Universitario Galego), como do número de titulados no ámbito STEM, que pasou de 776 en 2010 a 753 en 2014.
O estudo, igualmente, pon de manifesto as dificultades que as empresas galegas experimentan á hora de encontrar profesionais TIC cos coñecementos e experiencia de interese para a súa organización. As empresas do eido tecnolóxico-dixital galego son as que maiores problemas declaran, para máis do 70% delas resulta difícil ou moi difícil atopar perfís axeitados. Os principais atrancos sinalados polas empresas á hora de encontrar o persoal TIC máis acaído son o descoñecemento en aplicacións, ferramentas e tecnoloxías de interese para a empresa; e a carencia de candidatos con experiencia na actividade sectorial que desenvolven. Ademais, a metade das empresas do Sector TIC considera que existe unha carencia de candidatos formados en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?