Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lalín acollerá unha embaixada de blogueiros para amosarlles as súas posibilidades turísticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lalín acollerá unha embaixada de blogueiros para amosarlles as súas posibilidades turísticas

Redacción
Publicado: 08/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Recanto da senlleira Fraga de Catasós, no concello de Lalín
Recanto da senlleira Fraga de Catasós, no concello de Lalín
Os nosos concellos están amosando ao mundo blogueiro os seus potenciais turísticos. E fano por varios motivos (hábitos turísticos cada vez máis enraizados na Rede, necesidade de abrir novos vieiros para a nosa autopromoción), pero en boa medida porque unha parte importante da actividade viaxeira, hostaleira e gastronómica estatal ten o seu punto de partida nos cadernos persoais de “viaxeiros-blogueiros” referenciais. Se hai uns días falamos das xeiras de acollida de influencers do Concello de Ferrol, ou dos encontros celebrados en Camariñas, agora é a quenda de Lalín, que vén de anunciar que en outubro amosará o potencial do Concello perante unha ducia de blogueiros.
Trátase dunha iniciativa impulsada dende Concellería de Turismo e diríxese a visualizar os atractivos locais perante bitacoreiros turístico de “influencia e prestixio”. Segundo fixo saber o concelleiro Francisco Vilariño, a iniciativa encamíñase a difundir o concello de Lalín e os seus recursos, contribuíndo a acadar a máxima promoción a nivel turístico en redes sociais e nos cadernos dixitais de cada participante, “coa repercusión que isto significará para o enriquecemento social, económico e cultural do concello”.
A iniciativa abranguerá xeiras de acollida de blogueiros durante unha fin de semana do mes de outubro. Durante esta estadía os impulsores do programa amosaranlles os enclaves de Lalín de meirande valor paisaxístico, natural, arquitectónico e histórico, incluída a Fraga de Catasós (un conxunto de gran valor ambiental declarado Monumento Natural e que acubilla, no seu seo, algúns dos máis senlleiros carballos e castiñeiros da nosa terra), as diferentes rutas do rural ou os emprazamentos máis salientables da propia vila. O Concello confía en que a estadía dos blogueiros en Lalín repercuta moi positivamente na presenza vindeira de visitantes, con todo o que ten isto de positivo para o comercio local e os eidos gastronómicos e hostaleiros locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?