Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Camariñas premia as mellores imaxes obtidas dende o banco do Cabo Vilán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Camariñas premia as mellores imaxes obtidas dende o banco do Cabo Vilán

Redacción
Publicado: 09/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cartelbancomundo2016notas.jpgA Concellaría de Comercio e Turismo do Concello de Camariñas está a organizar este verán un concurso de fotos nas redes sociais co obxectivo de dar a coñecer os atractivos e a paisaxe da zona costeira de Cabo Vilán. O certame, máis en detalle, recoñecerá as mellores e máis votadas fotos obtidas dende o senlleiro banco de Camariñas, sen dúbida un dos emprazamentos máis sobranceiros da nosa costa e de máis alá dela, primeiro porque achega un inmellorable punto de vista do faro, segundo porque abrangue a inmensidade do mar (xusto diante) e, terceiro, porque á dereita do banco temos unha das contornas litorais (cantís, areais case virxes) de meirande valor paisaxístico de Europa. As fotos deberán ir xeorreferenciadas e etiquetadas cos hashtags #elmejorbancodelmundo e #Camariñas. O prazo para participar fica aberto ata o 31 de agosto.
Os fotógrafos deberán subir as imaxes realizadas dende o banco de Camariñas ao Facebook e máis a Instagram. Nestas redes sociais poderán ser compartidas para acadaren máis votos. Haberá dous premios semanais para as fotos máis votadas e dous premios finais elixidos por un xurado entre as 25 fotos máis votadas ao remate do certame en cada unha das redes.
camarinas_banco.jpgPremios semanais: bolsa-agasallo Camariñas, o mar todo composta por unha camiseta promocional do concello, un paquete de caixas de conservas de peixe e mariscos elaboradas en Camariñas, dúas entradas para o Museo do Encaixe e para o Museo Man de Camelle e dous pases para a Mostra de Encaixe de Camariñas que se celebrará no ano 2017.
Premios finais: Fin de semana en Camariñas con aloxamento dunha noite para dúas persoas nun establecemento pertencente á Rede de Hostaleiros local e un xantar ou cea para dúas persoas nun restaurante da localidade que pertenza á devandita Rede. Recibirá tamén a devandita bolsa-agasallo e dous billetes para unha visita guiada polo termo municipal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?