Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Codebit abre nova oficina en Reino Unido e afianza o seu empuxe no mercado europeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Codebit abre nova oficina en Reino Unido e afianza o seu empuxe no mercado europeo

Redacción
Publicado: 09/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

codebit_londres.jpgA empresa compostelá Codebit, centrada no desenvolvemento de software de facturación e TPV (Terminais Punto de Venda) específicos para todo tipo de negocios e sectores, vén de dar importantes pasos no seu proceso de espallamento internacional. Segundo informan fontes da firma, esta vén de abrir nova oficina de traballo en Londres. O obxectivo: reforzar e ampliar os seus servizos en toda Europa, logo de máis de dúas décadas de presenza e actividade TIC no mercado estatal. “A nova oficina”, informa Codebit, “servirá tanto para atender dunha maneira máis rápida e personalizada aos clientes de Reino Unido, como para promover novas oportunidades de negocio coas empresas e profesionais na capital británica”.
As dependencias acabadas de estrear en Londres, plenamente operativas xa, atópanse no número 10 de Margaret Street, London, W1W 8RL. Segundo explica Codebit, as oficinas están emprazadas no miolo do capital e teñen capacidade de abonda para ofrecer os mellores servizos ás empresas e profesionais do mercado británico.
codebit_londres_exterior.jpg “A apertura en Londres é un fito máis no noso proceso de espallamento internacional”, engaden os responsables da firma de Santiago, que para este ano aínda teñen reservada algunha novidade importante máis: por exemplo a apertura dunha nova sede de seu internacional, máis concretamente en Irlanda. “Seguimos adiante co noso proceso de pleno crecemento, despois de dúas décadas de experiencia no deseño, desenvolvemento e venda de software de xestión para empresas”, apuntan.
As dúas oficinas, a de Londres e a de Dublín, constitúen polo tanto o núcleo dos servizos de software que Codebit ofrece para o mercado de fala inglesa. Asemade, son un xeito de “preparar o chimpo ao mercado americano”, cun equipo de técnicos especializados segundo o idioma e o sector de actividade, “e capaces de ofrecer os mellores servizos TIC”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?