Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COGAMI e Vodafone impulsan a inserción laboral de 150 persoas a través das novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COGAMI e Vodafone impulsan a inserción laboral de 150 persoas a través das novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 09/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_cogami.jpgUn total de 150 persoas con diversidades funcionais e cognitivas da nosa terra están a participar nun programa de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) que conta con financiamento da Fundación Vodafone e que está destinado a potenciar e fortalecer a empregabilidade destes colectivos a través das novas Tecnoloxías da Información. A iniciativa COGAMI integra a través das TIC comezou a principios de ano e ofrece ás persoas participantes un servizo de asesoramento, información, formación e capacitación tecnolóxica baseado en soportes, equipamentos, tecnoloxías e software adaptados. E todo “co propósito de facilitarlles a busca de emprego e o acceso ao mercado laboral”.
Cos devanditos obxectivos, impartíronse obradoiros sobre manexo de portais de emprego a través de Internet nos que participaron 65 persoas e desenvolvéronse outros 4 obradoiros presenciais sobre busca activa de emprego, contando estes con 74 participantes.
Segundo informa COGAMI, as persoas seleccionadas para formar parte do programa cumpren “uns perfís semellantes”. Ou sexa, polas súas características non lles posible un acceso pleno e equitativo ao mercado laboral. Ademais, durante os seis meses anteriores ao arrinque do programa non tiveron un contrato e, a maiores, son persoas con altas dificultades de inserción (o 50% de participantes son mulleres) e viven sobre todo en contornas rurais.
Sete orientadores laborais, situados nas oficinas que COGAMI ten abertas nas cidades galegas, son os que se encargan de valorar e avaliar as potencialidades e capacidades de cada unha das persoas e da súa motivación. “Para isto”, explica a confederación, “artellan itinerario o máis axustado posible aos intereses e posibilidades da persoa, ademais de proporcionarlles formación sobre uso de ferramentas TIC, portais de emprego e videocurrículos”.
O programa tamén inclúe visitas a empresas onde se fan labores de sensibilización cara á diversidade funcional e cognitiva, infórmase sobre bonificacións e incentivos e xestiónanse ofertas de emprego. Durante este primeiro semestre de programa, visitáronse 213 empresas que abriron 152 ofertas de emprego.
Segundo explica COGAMI, o programa, malia estar na metade do seu desenvolvemento, xa conseguiu favorecer a inserción de 45 persoas, que son o 30% do total dos participantes inicialmente inscritos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?