Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello Regulador de Monterrei recoñecerá a contribución informativa do portal galego Vinetur.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello Regulador de Monterrei recoñecerá a contribución informativa do portal galego Vinetur.com

Redacción
Publicado: 09/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vinetur-2.jpgO labor comunicativo do portal Vinetur.com, do que temos falado en Código Cero para salientar o seu papel referencial no sector vitivinícola (en 2015 foi a web mellor clasificada da súa categoría temática e dentro dos sitios mundiais en español), vai ser recoñecido polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Así nolo contan dende Vilagarcía os responsables do devandito portal, unha iniciativa que xa ten ás súas costas oito anos de andaina en Internet e que se centra en informar sobre todos eidos de influencia do sector: dende a información de viños e actividades relacionadas, ata as últimas novidades do enoturismo, pasando por adegas, economía, saúde, agricultura, mercados, mercadotecnia, hostalaría, gastronomía, destilados, etc. A medalla do Consello Regulador será entregada polo presidente da Xunta o vindeiro 12 de agosto en Verín.
O devandito evento enmárcase dentro das diversas actividades da XI Feira do Viño de Monterrei que se celebra do 12 ao 14 de Agosto. Emanuel Casais, director de Vinetur, recibirá a distinción en representación de Vinetur.com, nas súas palabras “un medio especializado que se desenvolve en Galicia e que actualmente lidera en Internet a información do viño en castelán”.
Vinetur.com, en 2015, foi quen de recibir 7,7 millóns de visitantes (unha media de máis de 20.000 accesos diarios) que consultaron máis de 27 millóns de páxinas. Vinetur desenvolve integramente (desde as súas oficinas en Vilagarcía de Arousa) todos os seus servizos, desde a programación propia da plataforma web, ata os labores de mercadotecnia, redacción e xestión. Ademais Vinetur mantén acordos e colaboracións con outros medios e axencias para poder ofrecer “a máxima información de actualidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?