Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O galego Anxo Pérez, creador e 8Belts.com, amosará a súa experiencia en Spin2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O galego Anxo Pérez, creador e 8Belts.com, amosará a súa experiencia en Spin2016

Redacción
Publicado: 10/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

anxo_8belts.jpgComeza a conta para atrás para o evento #Spin2016, en palabras da organización do mesmo (a rede universitaria RedEmprendia) o “maior encontro de emprendemento universitario iberoamericano”. Máis polo miúdo, a cita desenvólvese en Compostela entre os días 29 de setembro e 1 de outubro. A previsión é xuntar máis de 2.000 asistentes procedentes dun centenar de universidades e 20 países (novos empresarios, estudantes, investigadores, académicos, investidores), ofrecéndolles “unha extensa axenda de actividades”. O evento tamén conta na organización co Banco Santander (Santander Universidades), a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Xunta de Galicia. Amosarán as súas experiencias unha manchea de emprendedores tecnolóxico-dixitais. Por exemplo o emprendedor galego Anxo Pérez, creador de 8Belts.com, unha innovadora plataforma para aprendermos linguas en oito meses.
Anxo Pérez, amais de emprendedor “feito a si mesmo”, é autor do best-seller Os 88 banzos do éxito. En 2014 obtivo o premio Cidadán Europeo polo Foro Europa e en 2013 o premio Emprendedor do Ano de Deloitte.
Tamén participará a fundadora e directora executiva de Corageus Girls e directora de Enterprise Technology en Paypal, Silvia Vásquez-Lavado. Igualmente, intervirá nas xornadas o director de King.com en Barcelona e un dos creadores do videoxogo Candy Crash, Manel Sort.
Baixo o lema Creando Cultura Emprendedora, o programa de Spin2016 inclúe conferencias, mercados, seminarios e obradoiros creativos, concertos, actividades de partnering e networking e un foro de investimento no que estarán presentes os principais investidores de América Latina, España e Portugal. Durante Spin2016 entregaranse ademais premios aos mellores proxectos universitarios que participan nos programas de apoio ao emprendemento no marco do evento.
Completa o evento “unha intensa axenda de actividades de lecer” que incluirá o MotorHome Santander Universidades (onde se poderá vivir a experiencia de conducir un coche de Fórmula1), música en directo, teatro de improvisación, foodtrucks e outras iniciativas dirixidas a espertar a creatividade, aprender, inspirarnos e coñecermos as últimas tendencias en innovación e emprendemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?