Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 59% dos condutores galegos recoñece terse distraído con dispositivos tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 59% dos condutores galegos recoñece terse distraído con dispositivos tecnolóxicos

Redacción
Publicado: 12/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mans_ao_volante.jpgAs empresas Race, Castrol e BP presentaron este verán un novo estudo sobre as principais distraccións dos condutores ao volante, unha listaxe de cousas nas que teñen un especial protagonismo as novas tecnoloxías. Ou mellor dito: un mal uso das novas tecnoloxías. No informe hai datos sobre o comportamento das galegas e galegos conducindo. Segundo se fai saber, o 59% dos nosos condutores distraeuse algunha vez ao manipular ferramentas e servizos tecnolóxicos no vehículo en marcha. No informe, a nivel xenérico, tamén se lembra que as distraccións provocadas por estes ou outros comportamentos están a día de hoxe na orixe da maior parte dos sinistros na estrada.
A investigación é o alicerce e complemento da campaña Mans ao Volante, impulsada polas ditas empresas para concienciar aos condutores da importancia de manter a atención na estrada e no guiado seguro do vehículo. En base a isto, deuse a forma a unha web específica, www.manosalvolante.es, onde poderemos atopar vídeos formativos sobre como conducir mellor (menos distraídos), infografías, entrevistas, xogos e concursos en Facebook.
Respecto das accións levadas a cabo polos condutores galegos nos habitáculos dos seus automóbiles que puideran ser orixe de distracción, as máis frecuentes están relacionadas cunha condución normal e non derivan en risco. Son cousas como por exemplo activar o limpiaparabrisas ou as luces nun 99% dos casos; baixar as xanelas (o 99%), manipular a radio, o MP3 ou escoitar un CD (o 86%). Xa nun chanzo de accións que poden derivar en distraccións máis serias, un 45% de condutores galegos recoñeceu ter regulado os retrovisores en plena condución, o 24% dixo ter feito o mesmo co asento ou repousacabezas, e un 27% dos condutores recoñeceu ter manexado o navegador/GPS mentres conducía. Nun nivel de máis risco potencial, o 2% dos condutores galegos accedeu a Internet desde o vehículo, o 17% tentou sincronizar dispositivos co propio automóbil e o 15% procurou obxectos no portaluvas durante a condución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?