Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación DispoApp de Santiago duplica a cifra de establecementos hostaleiros participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación DispoApp de Santiago duplica a cifra de establecementos hostaleiros participantes

Redacción
Publicado: 17/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

turista_santiago.jpgA ferramenta DispoApp do Concello de Santiago, presentada o pasado 9 de xuño, está a colleitar un salientable éxito de participación dende o seu lanzamento. Como lembraremos, foi desenvolvida integramente por Turismo de Santiago para informar en tempo real nas oficinas de información turística sobre a dispoñibilidade de prazas nos establecementos hostaleiros da cidade. A idea, sinalou o Concello daquela, era dar resposta á importante actividade de consultas rexistradas nas ditas oficinas sobre a dispoñibilidade de prazas dispoñibles en hoteis, pensións e albergues. A clave, materializada a través de DispoApp, foi permitir que fosen os propios establecementos os que cargasen na aplicación a dispoñibilidade de prazas que teñen en cada momento.
A ferramenta púxolle fin, definitivamente, á solución tradicional de ofrecer dende os centros de atención listaxes de teléfonos de establecementos sen máis información sobre se contaban con vacantes ou non. Segundo puidemos saber, as cifras acadadas ata agora por DispoApp están a ir alén das primeiras expectativas dos hostaleiros e dos técnicos de turismo. Así, dende xuño atendéronse máis de 5.000 consultas, cunha media diaria superior a 80 reservas. Ademais, en breve incluiranse melloras para impulsar aínda máis o medre e espallamento da ferramenta. Segundo puido saber Turismo de Santiago, as vantaxes máis valoradas polos turistas teñen que ver coa “facilidade de uso da aplicación, tanto para introducir datos como para procuralos”.
Características e funcionamento
DispoApp é de balde para os aloxamentos da cidade e para os visitantes. Segundo salientou o Concello na presentación, “o proceso de carga é moi sinxelo e rápido para os establecementos; en apenas dez segundos poden indicar os cuartos que teñen dispoñibles en cada momento e os seus prezos”. Esta información pode actualizarse ao longo do día todas as veces necesarias. A actualización poderá facerse dende diferentes plataformas, ordenadores, teléfonos ou tabletas, para que sexa o máis sinxelo posible.
Durante o mes de maio, a ferramenta estivo funcionando con éxito nunha primeira fase de probas, nun proceso no que colaboraron arredor de 30 pensións e albergues da cidade. A día de hoxe, poden empregar a ferramenta todos os establecementos da cidade, máis alá de cal sexa a súa tipoloxía e a súa categoría, xa que o obxectivo é ter a maior información posible en tempo real sobre as prazas que hai dispoñibles en cada momento. De feito, arestora a cifra de establecementos participantes é de 59 (21 hoteis, 19 pensións, 14 albergues, 4 apartamentos turísticos e unha casa de turismo rural).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?