Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Demostrador TIC anuncia catro actividades para os meses de setembro e outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Demostrador TIC anuncia catro actividades para os meses de setembro e outubro

Redacción
Publicado: 17/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_demostrador_tic-2.jpgO Centro Demostrador TIC (CDTIC), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ten como meta expoñer a oferta de produtos tecnolóxicos ás empresas doutros sectores produtivos dentro do tecido empresarial galego. No que vai de ano, AMTEGA leva organizadas 54 actividades (sesións demostradoras, seminarios de formación e encontros) para achegar as TIC a PEME e autónomos. Máis de 260 empresas participaron no programa formativo do CDTC ao que asistiron 1.200 persoas (207 a través da videoconferencia das aulas CeMIT e 326 vía streaming). Polo que atinxe ao que está por vir, o CDTIC está xa a preparar outras actividades que vai organizar no segundo semestre do ano. Máis polo miúdo, ata o de agora hai catro eventos pechados entre setembro e primeiros de outubro.
Así, o día 13 do vindeiro mes de setembro retómanse os seminarios de formación coa actividade Atrae visitantes e convérteos en clientes co inbound marketing, que se celebrará na aula CeMIT de Ourense de 16 a 20 horas. A semana seguinte, o 19 de setembro, terá lugar unha nova sesión formativa, na aula CeMIT de Lugo, e leva por título Sácalles partido ás redes sociais para impulsar o teu negocio. O 29 de setembro, unha nova edición da sesión demostradora Xestión práctica dunha empresa de distribución alimentaria con Odoo, que chegará á aula CeMIT da Coruña. Xa no mes de outubro, o día 6, haberá unha sesión demostradora nas instalacións do CDTIC de Santiago: Controla os prezos dos teus competidores en tempo real con Boardfy.
Engadir que o CDTIC quer chegar ao maior número de usuarios posibles e para iso contará coa colaboración das principais aulas CeMIT de cada provincia, que retransmitirán as actividades a través do sistema de videoconferencia da rede. Así, as aulas da Coruña (Centro Cívico de Eirís), Lugo (O Castiñeiro) ou Ourense (La Molinera) serán o escenario dalgunhas das xornadas previstas.
Alén destas actividades, outro dos servizos cos que conta o Centro Demostrador e que cómpre salientar é o CDTIC Virtual, no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións en software libre a través dun servizo na nube nunha contorna privada, sen necesidade de dispor de recursos informáticos propios ou persoal con coñecementos avanzados de sistemas.
Arestora, as solucións dispoñibles son Xeshostal (software para a xestión hoteleira); Owncloud (servizo para partillar arquivos na nube); Odoo (ERP para a xestión integral dunha empresa); así como CiviCRM (software de xestión de relacións con clientes (CRM) encamiñado ao seu uso por parte de organizacións que traballan no eido social).
Aquelas persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como profesionais ou empresas na web do CDTIC e logo solicitar a aplicación (ou aplicacións) que lles interesen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?