Xinzo de Limia segue a achegar novidades importantes en materia tecnolóxico-dixital. Se hai uns días falabamos dende Código Cero da posta en marcha da súa nova web e do fornecemento de novos accesos Wi-Fi públicos en diferentes puntos do concello, agora o Goberno local vén de anunciar que co inicio de 2017 comezará a retransmitir os seus plenos en directo a través da Rede. A firma encargada de facilitar este recurso arrincará en novembro coa fase de probas (con tecnoloxía streaming) das retransmisións. A partir de xaneiro o servizo estará plenamente operativo.
Para dar alicerce a esta iniciativa, o Concello disporá dunha licenza de canle en liña a través da plataforma TV Rural Galega, canle que irá ligada á páxina web xinzodelimia.es. O custo do servizo será de 80 euros ao ano. Os responsables do proxecto informaron tamén, a respecto do devandito, que o devandito gasto será amortizado con ingresos de publicidade.
O Concello de Xinzo achegará os seus plenos por Internet
Compartir Este Artigo

