Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster da Auga Mineral e Termal terá aplicación móbil para sistemas Android
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster da Auga Mineral e Termal terá aplicación móbil para sistemas Android

Redacción
Publicado: 19/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

economica_cluster_auga.jpgA Consellería de Economía e o Clúster da Auga Mineral e Termal de Termal de Galicia veñen de asinar un acordo de colaboración para reforzar o espallamento internacional do sector. Os detalles do convenio foron dados a coñecer polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, e máis polo presidente do Clúster, Antonio Garaloces. A alianza inclúe o desenvolvemento de dúas accións nas que, sinalaron, “a innovación xogará un papel estratéxico”. Así, por unha banda, crearase e estenderase a marca Auga de Galicia, un selo que identificará a calidade do produto e que poderá ser empregado por todas as entidades de envasado de auga mineral -en Galicia, 11- e polos 21 balnearios da nosa terra. Pola outra desenvolverase unha aplicación para teléfono móbil.
A ferramenta para dispositivos, Terras da Auga, estará dispoñible para sistemas operativos Android e será de acceso gratuíto para todo o público. A través dela poderemos consultar a localización dos mananciais de auga mineral e dos balnearios, así como dos perímetros de protección dos acuíferos existentes en Galicia. Esta aplicación supón unha posta a punto dunha ferramenta xa dispoñible para sistemas iOS, que tamén vai ser obxecto dunha actualización.
Segundo fixeron saber Economía e máis o Clúster, “estas novas propostas facilitarán o posicionamento das empresas do sector nos principais mercados, impulsando a imaxe de calidade, sustentabilidade e innovación do sector a nivel internacional”. Ao fío disto, Conde salientou que o convenio é especialmente relevante porque trata “dun recurso estratéxico para Galicia”, tanto polo seu valor cultural e patrimonial, con máis de 300 mananciais, como polo peso que ten no desenvolvemento presente e de futuro do turismo e da economía galega, “o que se traduce na creación de postos de traballo cualificados”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?