Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación ONCE e AMTEGA achegan formación en ofimática e colectivos en desemprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación ONCE e AMTEGA achegan formación en ofimática e colectivos en desemprego

Redacción
Publicado: 22/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_escribindo.jpgO Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para combater a fenda tecnolóxica na nosa terra a través dunha fronte común aberta e participativa de “aliados dixitais” (entidades ou profesionais do noso ecosistema tecnolóxico comprometidos coa divulgación TIC e o desenvolvemento galego), vén de recibir a adhesión da Asociación Inserta Empleo, entidade de formación e emprego da Fundación ONCE. No marco deste marco de cooperación ambas entidades (AMTEGA e Inserta Empleo) xa activaron a iniciativa Formación e CODIX para persoas con discapacidade, destinada a fornecer capacitación en ofimática a persoas en situación de desemprego con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, co fin de garantir o seu acceso ao mercado laboral.
Segundo nos lembra AMTEGA acerca do alicerce no que se apoia a alianza, a dita asociación levou a cabo xa as primeiras actividades formativas de ofimática nas aulas da Rede CeMIT de A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Santiago e Lugo, nas que irá desenvolvendo as 190 horas formativas do curso para a obtención da certificación en ofimática (CODIX). Unha vez rematado o período de formación, as persoas participantes poderán obter a Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) mediante a superación dunha proba presencial de carácter voluntario baixo a supervisión tanto das dúas entidades. Segundo recorda a axencia, a asociación ligada á ONCE colaborará tamén co Plan de Inclusión organizando outras actividades formativas, eventos ou iniciativas de divulgación e dinamización das TICs e na difusión da inclusión dixital en Galicia.
Acerca de CODIX
AMTEGA habilitou en 2014 as aulas da Rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos que compoñen o plan formativo ofimático de Galicia con vistas á obtención da Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) pola cidadanía en xeral, “garantíndose xa non só o acceso á formación necesaria senón tamén unha porta de entrada ás probas de avaliación que ata ese intre non existiran”.
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?