Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea achega a aplicación móbil da Festa da Istoria de Ribadavia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea achega a aplicación móbil da Festa da Istoria de Ribadavia

Redacción
Publicado: 22/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

app_istoria_.jpgA Festa da Istoria de Ribadavia, para moitas e moitos a máis referencial das nosas celebracións medievais, xa ten aplicación móbil de seu. A encargada do seu desenvolvemento foi a firma compostelá Balidea, especializada no desenvolvemento e integración de recursos software, consultoría de sistemas de información e servizos dixitais. A aplicación, que é de balde, está xa dispoñible para trebellos iOS e para dispositivos con sistema operativo Android. Segundo informa a Fundación Festa da Istoria, na ferramenta móbil poderemos atopar toda a información relativa á cita do 26 e o 27 de agosto: o programa, liñas de autobús, aparcadoiros, centros sanitarios, emerxencias, postos de comida, artesáns, oficinas de troco de marabedís, etc.
Ademais, grazas á aplicación, os veciños e visitantes irán recibindo nos seus aparellos móbiles todas as novidades relativas ao programa e á propia preparación da festa ao longo do ano.
istoria_wifi.jpgPor outra banda, informar tamén de que a vertente tecnolóxico-dixital da Festa da Istoria reforzouse este ano (amais de co lanzamento da app), coa dispoñibilidade dunha serie de puntos de acceso Wi-Fi para podermos consultar os contidos actualizados da devandita ferramenta deseñada por Balidea. Estes son os puntos de conexión achegados polos establecementos e veciños da vila:
-Café-Bar Morto-Rúa Progreso
-Bar Meu-Rúa Progreso
-Cafetería Dessert-Alameda
-Ribeiro e Xamón-Praza Maior
-Vinoteca-Praza Maior
-Restaurante Praza-Praza Maior
-Café-Pub Aljama-Rúa Trasmesones
-Cafetería Rectoral-Praza Maior
-Sede Coordinadora Festa da Istoria-Rúa Escobetes
-Concello Banco Alhóndiga-Praza Maior
-Autoescola Yoli-Praza San Martín
-Casa Lhou-Rúa Yañez
Por certo que a rede Wi-Fi chámase “ISTORIA 2016”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?