Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Donald Trump, principal carnada dos spammers no segundo trimestre de ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Donald Trump, principal carnada dos spammers no segundo trimestre de ano

Redacción
Publicado: 23/08/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

trump.jpgComa sempre, os spammers e o correo lixo en calquera das súas manifestacións botan man da actualidade para poñernos diante os seus anzois. Así o vén de reflectir unha vez máis a compañía de seguridade informática Kaspersky, que no seu Informe Spam Q2 Kaspersky Lab 2016 sinala que as eleccións en Estados Unidos e o controvertido candidato Donald Trump foron os protagonistas do spam no segundo trimestre de ano. Ademais, indícase que durante este mesmo período de tempo, o nivel de mensaxes lixo no tráfico global de correo electrónico foi de 57,3%. Isto que significa? Pois basicamente (e lonxe do que nos gustaría), que o spam segue a medrar e ben. De feito, a dita cifra representa un aumento de catro puntos porcentuais en comparación co mesmo período do ano anterior e un punto en relación co trimestre anterior.
Como dixemos, a política foi un dos asuntos máis repetidos e recorrentes á hora prepararen os spammers as súas carnadas dixitais. Segundo sinala Kaspersky, “as vindeiras eleccións en Estados Unidos e os candidatos implicados ofreceron aos ciberdelincuentes unha boa oportunidade”. Así, Donald Trump converteuse nun dos temas recorrentes da maioría dos correos electrónicos non desexados relacionados coa política. Nestes envíos os seus responsables centrábanse en falar, supostamente, das metodoloxías exclusivas de Trump para gañar diñeiro. A clave do asunto estaba nunha ligazón que, en caso de premela, levábanos directamente un portal de noticias falso. Nel, para empezar a gañar millóns (imitando os métodos de Trump), convidábasenos a encher cos nosos datos persoais un formulario na páxina web. O resultado era que non só non gañabamos un peso con esta xogada, senón que lles fornecíamos aos delincuentes datos persoais bancarios cos que abrirlles as portas (a eles si) dunha ganancia ilícita a nosa conta.
Polo que se refire ás contas de Facebook, no informe dise que sufriron un ataque neste período cun vídeo de YouTube: un pornovirus publicado desde unha serie de contas de Facebook comprometidas. Ao tentar reproducir o vídeo, convidábasenos a instalar un navegador plug-in titulado Profesjonalny Asystent. Logo, unha mensaxe na pantalla anunciaba que sen instalar o plug-in non se podía ver o vídeo, o que abría o camiño para instalarnos ese aplicativo cando en realidade o que estabamos a facer é abrirlles a porta aos delincuentes.
Na investigación de Kaspersky tamén se indica que Estados Unidos mantivo a súa posición como a maior fonte de correo non desexado co envío do 10,79% do total. Co 10,10% dos envíos lixo subministrados desde o Vietnam, este ocupa o segundo lugar na clasificación de países como fonte de correo non desexado, seguido de India (10,01%). O informe, como contraste, sinala que no mesmo trimestre de 2015 amosou “unha imaxe completamente diferente”, con Rusia obtendo o segundo posto (7,82%) e China ficando en terceiro lugar co 7,14% do spam mundial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?