Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma Galicia Birding amósase ao mundo no maior certame ornitolóxico de Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma Galicia Birding amósase ao mundo no maior certame ornitolóxico de Europa

Redacción
Publicado: 24/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_birding.jpgTurismo de Galicia impulsou os días pasados un programa de avistamento de paxaros con rutas ornitolóxicas (148) polo noso territorio, amais de puntos destacados para enxergalos (600 puntos). A iniciativa chámase Galicia Birding e foi presentada no mes de xullo pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen salientou entre outras cousas a súa ampla compoñente tecnolóxica. Para comezar, conta cunha web de seu dende a que se ofrece polo miúdo toda a información relativa aos ditos roteiros. A páxina está dispoñible en galego, castelán e inglés, e nela atópanse artellados todos estes espazos de especial interese e os seus itinerarios correspondentes. Galicia Birding, por certo, estivo presente estes días no Birdfair de Londres, un evento referencial para os seareiros mundiais do turismo ornitolóxico, con toda probabilidade o certame máis importante de Europa dentro da súa materia.
A feira veu da man da entidade Leicestershire & Rutland Wildlife Trust en colaboración coa Royal Society for the Protection of Birds de Gran Bretaña. Neste encontro tan sinalado e referencial os responsables de Galicia Birding amosaron os detalles do programa, facendo fincapé nas súas publicacións e propostas vindeiras e en cousas como as moitas funcionalidades da devandita páxina web de seu, por exemplo o extenso banco documental de fotografías (abranguendo 1.000 imaxes) ou a súa sección adicada aos fenómenos e espazos de interese ornitolóxico máis destacados, unha sección que se vai elaborando mes a mes e que ten o obxectivo principal de orientar aos observadores das aves galegas ao longo de todo o ano.
Por certo que a páxina tamén acubilla outros apartados como consellos sobre como iniciarnos na observación de aves, un código ético para asegurar un comportamento respectuoso e sustentable ou información sobre os recursos naturais de interese a páxina.
Lembrar que a plataforma dixital compleméntase cunha aplicación para dispositivos móbiles con toda a información dispoñible na web e cunha manchea de utilidades para acceder aos lugares e roteiros de máis interese ou para tomar notas das observacións realizadas, gardalas e compartilas.
A forte vertente tecnolóxica da iniciativa compleméntase cun blog, un perfil de Facebook, outro en Twitter, un servizo de alerta de observacións así como unha publicación promocional en formato minilibro dispoñible tamén en tres idiomas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?