Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ponvevedra prepara obradoiros TIC para maiores ao abeiro do programa Depo en Marcha
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ponvevedra prepara obradoiros TIC para maiores ao abeiro do programa Depo en Marcha

Redacción
Publicado: 25/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A presidenta da Deputación, Carmela Silva
A presidenta da Deputación, Carmela Silva
A informática será un dos piares dos obradoiros formativos para persoas maiores que prepara a Deputación de Pontevedra para este mes de setembro. Estamos a falar das actividades do programa Depo en Marcha, impulsado polo Servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución pontevedresa co obxectivo de favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia. Nos primeiros días de setembro comezan 20 obradoiros en 13 concellos, tres deles ligados directamente ás novas tecnoloxías, as súas utilidades e vantaxes. En total, ata o remate de ano desenvolveranse 160 talleres, dos que se benefician asociacións de maiores, pensionistas e xubilados da provincia que participaron nesta convocatoria.
En Vigo, a Asociación Nosa Terra de Alcabre dá comezo ao obradoiro Manexo da ansiedade e do estres a Asociación Nevox inicia un taller de ioga; a Asociación de Veciños de Coruxo comeza un obradoiro de Manualidades variadas; e a Asociación de Veciños de San Roque o taller de Ximnasia de Mantemento. No municipio de Pontevedra, a Asociación Chan do Monte abre un curso de pilates; a Agrupación de Pensionistas e Xubilados de CCOO comeza Plantas Medicinais; e no Centro Sociocomunitario de Pontevedra impartirase Zumba.
En Silleda darán comezo dous obradoiros, a asociación de Cortegada-Avecuco inicia Ximnasia de mantemento, mentres que a asociación de Laro comeza con Xogos Tradicionais. A Agrupación Xunco de Salceda de Caselas imparte un taller de Conservas Artesanais, a Asociación Peñaflor de Barro realiza Pandeireta e Canto Popular, a Asociación Adapta de Ponteareas fará un curso de Informática avanzada e a Asociación de Veciños O Cabalo de Pazos de Borbén inicia Arte Floral.
A Asociación de Veciños de Soutoxuste Eixo en Redondela abre o taller de Informática iniciación, a Asociación San Martiño de Borreiros de Gondomar comeza tamén Informática iniciación, na Estrada a Asociación de Veciños da parroquia de Orazo fará un curso de zumba, a Asociación de Prexubilados e Xubilados de Viascón en Cotobade inicia Ximnasia de Mantemento e en Nigrán a Asociación Parada do Miñor de Nigrán abre o curso de pilates. En Mos comezan dous obradoiros, a Asociación de Veciños de Dornelas con Ioga e a Asociación de Guizán con Ximnasia de Mantemento.
Os obradoiros que se desenvolven agrúpanse en oito bloques temáticos, que tentan aproximar ás persoas maiores a diversos campos como a natureza, a cociña, o deporte ou as novas tecnoloxías. En concreto, os bloques son: Traballando coas Mans, Entre Fogóns, Aprendendo da Natureza, Móvete, Activando Corpo e Mente, Dálle Marcha, Enredando e En Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?