Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hoxe celébrase o 25 aniversario da publicación de Linux
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Hoxe celébrase o 25 aniversario da publicación de Linux

Redacción
Publicado: 25/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

linux-8.jpgOs días pasados falamos en Código Cero da celebración dos 25 anos da Web, pero a liña de celebracións TIC non remata aí esta tempada. Nunha das máis salientables dáse a significativa circunstancia de festexar, tamén, 25 anos anos de andaina. Trátase da celebración do sistema operativo Linux, que chega aos cinco lustros de “idade” esta semana, xa que foi tal día coma hoxe (un 25 de agosto de hai 25 anos) cando Linux Benedict Torvalds, estudante de Ciencias de Computación en Helsinki, anunciou perante a comunidade do software libre (que xa existía dende aquela e dende moito antes) o lanzamento dun sistema operativo libre, “deseñado e publicado por afección”, para os procesadores 80386 e 80486 de Intel, e que “malia non ser tan grande e profesional como GNU, si que servirá para computadores 386”.
Tratábase do sistema Linux, un dos grandes piares do movemento open source dos nosos días e, tamén, un dos grandes piares do tecido informático mundial en termos xerais.
Como dixemos, un dato certamente curioso da publicación do sistema libre é que Linus Torvalds amosouno perante o mundo como un simple hobby. Porén, malia estes humildes inicios, a ferramenta foi medrando e ramificándose ata converterse, nos nosos días, en recurso básico para o bo funcionamento de grandes multinacionais como Google, Amazon ou DreamWorks (entre outras moitas) ou entidades de primeira liña como a Bolsa de Nova York, a NASA ou a Bolsa do Brasil. Ademais, é o miolo e a orixe dos máis de 1.400 millóns de teléfonos con sistema Android. De feito, segundo datos recentes, calcúlase que case o 99% das supercomputadoras del mundo tira partido do sistema Linux.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?