Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Ednon leva as tecnoloxías máis punteiras a Panamá
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Ednon leva as tecnoloxías máis punteiras a Panamá

Redacción
Publicado: 26/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Construcción da Cidade da Saúde en Panamá
Construcción da Cidade da Saúde en Panamá
A firma galega Ednon, centrada no desenvolvemento de novas tecnoloxías avanzadas, vén de achegar un reconto da súa actividade despregada en Panamá, unha andaina centroamericana da que falamos polo miúdo en Código Cero con motivo de anunciar a súa contribución para a posta en marcha dun megahospital. Segundo informan fontes da compañía, a súa traxectoria no devandito país, lonxe de rematar, segue adiante e coas mellores expectativas. De feito, logo da súa participación no dito complexo de saúde e nas obras recentes da Canle de Panamá (instalando sistemas de vixilancia e megafonía), Ednon acadou a adxudicación doutros dous proxectos tecnolóxicos en activo ata 2018.
Como lembraremos, a firma ten a sede central en Compostela e delegacións en Valladolid, Madrid e Cidade da Panamá. A súa actividade céntrase sobre todo nos ámbitos da seguridade, as comunicacións e os servizos TIC avanzados.
Polo que respecta aos proxectos adxudicados, sinalar que un deles consiste en fornecer recursos para a xestión do sistema de control de accesos de vixilancia da devandita Cidade da Saúde, macrocomplexo onde Ednon tivo oportunidade de fornecer igualmente equipamento de distribución, sistema de cable estruturado e electrónica de rede. O outro proxecto conseguido implica o desenvolvemento de traballos de consultoría para a plataforma de Sistemas do Ministerio de Sanidade de Panamá.
Polo que atinxe a Ednon, dicir que é unha empresa galega especializada na integración de servizos avanzados TIC. Fundada no ano 2004, e de capital privado independente, opera en todo o territorio español a través das súas oficinas en Santiago de Compostela, Valladolid e Madrid e no eido xeográfico Latam&Caribe a través da súa filial Ednon International, S.A. localizada en Panamá, país onde encetou a súa andaina hai agora seis anos e grazas ao cal obtén xa boa parte da súa facturación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?