Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Publicada unha guía para facilitar o afianzamento da eAdministración nas entidades locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Publicada unha guía para facilitar o afianzamento da eAdministración nas entidades locais

Redacción
Publicado: 26/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

digitalizate.jpgA Dirección Tecnolóxica da Información e as Comunicacións (DTIC) vén de publicar a Guía Dixitalíza-T, unha completa folla de ruta para facilitar ás entidades locais o cumprimento das obrigas dixitais das Leis 39 e 40/2015 e o das ferramentas tecnolóxicas da DTIC e o Centro de Transferencia de Tecnoloxía. Segundo lembra o portal Mancomún, esta lei “supón un forte impulso á dixitalización das Administracións públicas españolas que establece varias obrigas en torno á Administración Electrónica que propician unha maior eficacia, innovación e modernización”. Dito doutra maneira: trátase dunha guía para axudar e optimizar o afianzamento dos novos recursos TIC nos nosos concellos. Un afianzamento, por outra banda, que é obrigatorio.
O documento ten dous obxectivos principais. Por unha banda amosa e detalla as novidades en materia dixital das Leis 39 e 40 e a transformación que supoñen, tanto no procedemento administrativo como nas relacións interadministrativas e coa cidadanía a través da tecnoloxía. Por outro lado, pon a disposición das entidades locais un catálogo de ferramentas e aplicacións tecnolóxicas que lles permite cumprir de forma sinxela coas súas obrigas legais, ademais de garantir un servizo orientado á cidadanía e rexido polos principios da eficacia, eficiencia, transparencia e boa xestión pública. A guía estrutúrase co seguinte contido:
· As novas obrigas introducidas polas leis.
· As ferramentas que a Administración Xeral do Estado (AGE) pon a disposición das Entidades Locais para facer fronte a esas novas obrigas e como obtelas.
· Outros aspectos a contemplar na organización para adaptarse ás novas obrigas.
· O marco temporal que a lei establece para levar a cabo a transformación dixital.
Sobre o Centro de Transferencia de Tecnoloxía
O Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT), do cal se inclúe a Forxa de Mancomún como servizo federado, é un portal que publica o directorio xeral de aplicacións e solucións cuxo obxectivo é favorecer a reutilización de ferramentas por todas as Administracións Públicas. Este portal informa de proxectos, servizos, activos semánticos, normativa e solucións nos que se traballa en materia de Administración Electrónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?