Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Portal de Transparencia superou as 30.000 visitas e as 200.000 páxinas vistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Portal de Transparencia superou as 30.000 visitas e as 200.000 páxinas vistas

Redacción
Publicado: 29/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

web-transparencia-e-gobierno-aberto.jpgO Goberno galego vén de facer reconto da actividade xerada ata hoxe polo Portal de Transparencia de Galicia, unha iniciativa en liña posta en marcha este inverno (coincidindo coa entrada en vigor da Lei de Transparencia e Bo Goberno) co obxectivo de converterse nun “punto único, directo e centralizado” de toda a información que deba facerse pública á cidadanía. Segundo informa a Xunta, o portal xa recibiu máis de trinta mil visitas desde a súa activación.
A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), foi a encargada do desenvolvemento do portal, que botou a camiñar o pasado 7 de marzo. O obxecto da plataforma, como puidemos saber daquela, é dar cumprimento, entre outras, ás obrigas de publicidade activa previstas na normativa en materia de transparencia.
Nos catro meses que leva activo o portal houbo 32.248 visitantes distintos que consultaron 219.169 páxinas. Segundo informa a Xunta, “as páxinas máis visitadas están relacionadas coa normativa en tramitación, que recibiu 15.174 visitas, os membros do Goberno e altos cargos, con 14.840 visitas, e a información sobre contratación pública, con 5.665 visitas”.
Ademais, recibíronse 115 solicitudes de acceso a información pública, entre as que a devandita Dirección Xeral e AMTEGA salientan as relativas a persoal (24), subvencións (14), información institucional, organizativa e de planificación (14) ou de relevancia xurídica (7), entre outros asuntos.
Das 115 solicitudes, 38 foron presentadas a través de medios electrónicos e 77 en papel. Por departamentos, o maior número de solicitudes recibiunas a Consellería do Mar, cun 21 por cento, seguida da Vicepresidencia, co 19 por cento, e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co 15 por cento das consultas.
Respecto das peticións atendidas e resoltas, os devanditos departamentos informan que das solicitudes recibidas nestes meses, “83 xa foron resoltas e o resto están en prazo legal para a súa contestación”. Das resoltas, 12 non foron admitidas, “ben por ser precisa unha acción previa de reelaboración, por referirse a información de carácter auxiliar ou de apoio, ou ben por dirixirse ao órgano equivocado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?