Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A banda de metal Vortex enfía con actividades de geocaching e realidade virtual a promoción do seu novo disco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A banda de metal Vortex enfía con actividades de geocaching e realidade virtual a promoción do seu novo disco

Redacción
Publicado: 30/08/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pontevedra_vortex.jpgA música abre camiños alén do estritamente musical, mesmo no tecnolóxico. Así o entenden os integrantes da banda de metal Vortex, nada en Pontevedra no ano 2011 (ao abeiro do Local de Música) e arestora rematando a gravación do seu segundo traballo discográfico, un CD que é un traballo artístico en si mesmo pero que tamén constitúe un convite a coñecer o espazo urbano que os viu medrar como artistas. Para este convite, lanzado coa colaboración das Concellerías de Promoción da Cidade e Xuventude, Vortex está a desenvolver unha semana de geocaching, que é como se coñece ás quedadas de procura colectiva de tesouros botando man das novas ferramentas tecnolóxicas. A banda, por certo, está formada por Jacobo Sainz (guitarra e voz), Marcos Rodríguez (guitarra), Víctor García (baixo e coros) e Jonathan Portela (batería). Segundo informan, a actividade de geocaching esténdese ata o venres 2 de setembro. A partir de aí, ábrese o prazo de inscrición para participarmos nun concurso de fotografía (e ao remate de 2017 levarase a cabo a presentación oficial do novo disco).
Respecto da semana adicada ao geocaching, vén acompañada dunha intensa actividade nas redes sociais e dun proxecto innovador que engloba a cidade de Pontevedra: o concepto de MetroMinuto. Consiste en agochar 25 discos do primeiro álbum de Vortex, Confessions, en lugares estratéxicos do MetroMinuto. O reto é írmolos atopando. De facelo, temos que facernos unha foto no emprazamento urbano do achado e subila logo a calquera rede social atinxindo a banda coa etiqueta #GeoVortex. De facelo así, gañaremos unha camiseta exclusiva de Confessions e entraremos no sorteo de 10 copias físicas da súa nova achega discográfica. As pescudas vanse dando nas redes sociais, tanto as da banda como as do Concello. Isto obriga a facer seguimento e a irmos incrementando as comunidades.
Respecto do concurso de fotografía, trátase de fotografar a banda en lugares representativos de Pontevedra, seguindo un roteiro e con diferentes posicións. Os concursantes teremos liberdade artística para obtermos a nosa imaxe, cumprindo só dous requisitos: que saian os catro integrantes da banda e que se vexa a paisaxe da cidade. Logo, escolleremos dúas fotos finais que se subirán ao sitio de Vortex no Facebook. As cinco máis votadas de todas as fornecidas serán as finalistas. Delas sairá a gañadora que será escollida por un xurado formado por representantes das partes implicadas e fotógrafos/as profesionais que non participaran no concurso. A persoa gañadora obterá un paquete de produtos da banda, unha exposición durante a presentación do disco na Casa da Luz e o uso da fotografía para toda a promoción do disco. A inscrición, e o envío de imaxe realizarase a través do correo da banda (vortexpontevedra@gmail.com).
A maiores, farase un videoclip da canción extraída do disco en formato 360 graos, publicitándose de maneira complementaria nos medios e nas webs e acompañando a campaña con promoción de Pontevedra.
O disco presentarase de maneira oficial na Casa da Luz como empresa participante da iniciativa Pontevedra ten un Puntazo. A novidade será que os asistentes poderán visualizar e escoitar o videoclip do single do novo disco acompañados dunha experiencia VR a través dunhas gafas de realidade virtual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?