Vodafone España vén de anunciar que emitirá fútbol con calidade 4K Ultra HD en todo tipo de establecementos hostaleiros, ou sexa os clientes do seu segmento HORECA (hoteis, restaurantes e cafeterías). Segundo explica a operadora, durante a vindeira tempada de fútbol todos os clientes que teñan o paquete Vodafone One Restauración contratado “poderán gozar de partidos de fútbol emitidos co devandito estándar”. En concreto, achegarase un partido en 4K Ultra HD por xornada de Liga a través da Canle LaLiga TV e un partido tamén por xornada de Champions League a través da canle BeINSports.
Para poder beneficiarse da calidade deste formato, o cliente debe contar cunha pantalla ou proxector 4K. Ademais, para garantir ao máximo a calidade, a compañía de telecomunicacións lembra que este servizo é compatible con establecementos que teñan unha conexión FTTH/HFC de polo menos 50Mbps.
Lembrar, para os que non o saiban, que o termo “4K” alude a un tipo de resolución de pantalla que ten preto de 4.000 píxeles de resolución horizontal. O tipo de resolución 4K UHDV (2160p) é o xeralmente usado na industria da televisión dixital, de relación 16:9.
Vodafone emitirá fútbol con 4K Ultra HD en locais hostaleiros
Compartir Este Artigo

