Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Pontevedra amplía o seu proxecto Memoria en rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Pontevedra amplía o seu proxecto Memoria en rede

Redacción
Publicado: 31/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pontevedra_memoria_en_rede-2.jpgO pasado mes de abril o Concello de Pontevedra abría unha canle para conectar dous mundos mediante un proxecto ben interesante: Memoria en rede, unha idea que unificaba a tecnoloxía e a memoria. Dito doutro xeito, servíase das novas novas tecnoloxías para ir á procura da memoria perdida, entendendo por isto último: historias, lendas, vivencias, en definitiva, vidas… Memoria en rede botaba a andar na parroquia de Mourente e agora volta cun “proxecto redeseñado e adaptado” segundo anunciaba o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña. Nesta segunda quenda a Memoria en rede, que comezará en setembro, chegará á parroquia de Lérez.
Así, desta volta a Memoria en rede terá unha dupla versión: Cerdeiras e Carballos. As Cerdeiras, para aqueles con menos coñecementos (ou ningúns) dispostos a aprender e a tentar participar no proxecto. E os Carballos, para persoas con algúns coñecementos informáticos que farán un pequeno repaso ao comezo do curso para ir ao miolo do proxecto: recuperar a memoria.
Con esta Memoria en rede perséguese, amais de achegar as persoas á informática, que todas as historias contadas polos participantes fiquen á disposición do público xeral nun blog no que se poderán ler e engadir comentarios de experiencias partilladas ou impresións persoais. Memoria en rede comezará os días 19 de setembro en Lérez e o 20 de setembro en Mourente.
Para aquelas persoas interesadas, os horarios serán os seguintes: luns e mércores, en Lérez; e martes e xoves en Mourente. De 16:15 a 18:15 horas, curso básico (Cerdeiras) e de 18:30 a 20:30 horas, o curso intermedio (Carballos). A distribución horaria das Cerdeiras será de 40 horas aprendendo e 10 horas de práctica. E nos Carballos, xustamente á inversa: 10 horas repasando e 40 horas recuperando (con voz gravada, textos, imaxes escaneadas, vídeos…).
Para inscribirse é preciso chamar en horario de mañá ao teléfono do Concello 986 80 43 00 e premer a extensión 7107. Aí, indicarase o nome e apelidos e o teléfono de contacto. Ou ben, acudindo pola alcaldía do Concello. Hai 15 prazas por curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?