Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribadeo acolle en setembro un encontro estatal de expertos en drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribadeo acolle en setembro un encontro estatal de expertos en drons

Redacción
Publicado: 01/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ribadeo_porto.jpgRibadeo vai ser os días 16 e 17 de setembro un gran escaparate de drons e de tecnoloxías postas ao servizo dos novos aparellos e comunicacións aéreas. Segundo informa o Concello, virán enxeñeiros aeronáuticos de todo o ámbito estatal e de países europeos como por exemplo Francia. Os días pasados celebrouse no consistorio a presentación deste encontro. No acto participaron o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; a concelleira de Turismo, Ana Martínez; e o organizador, José Nogueira, que é enxeñeiro aeronáutico en Airbus, en Francia. Na cita cos medios fíxose saber que entre as accións previstas atópase a charla O desafío tecnolóxico e social das aeronaves (dron) non tripuladas e proxectos en Galicia, que terá lugar o 17 de setembro ás 19 horas no Cine Teatro.
Na presentación tamén se fixo saber que se contaba xa (no transcurso do acto) con 25 especialistas inscritos no evento, entre as que se contan senlleiros profesionais de renome dentro do sector aeronáutico estatal. A cifra prevese que vaia a máis ao longo destas semanas.
A concelleira Ana Martínez tamén informou que a intención é achegar estas xornadas a todo público “e non soamente especializado, senón ao público en xeral porque falamos dunhas xornadas abertas e dun tema tan interesante e actual que atesoura moitas posibilidades de desenvolvemento a curto prazo e non só nos ámbitos turísticos ou fotográficos senón en ámbitos moi diversos como é o desafío tecnolóxico e social das aeronaves non tripuladas o que coñecemos como drons, e os proxectos que se están a desenvolver en Galicia como é o caso do mais próximo que temos en Rozas, en Lugo”. A concelleira de Turismo aproveitou para lembrar que “tamén dispón Ribadeo dun aeródromo”, que ben podería converterse no futuro nun centro de desenvolvemento tecnolóxico.
ribadeo_drones.jpgPola súa banda o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, salientou o feito de que “José Nogueira lembrárase de Ribadeo para ter o marco axeitado para esta conferencia do 17 de setembro”, un marco de celebración que permitirá “ver a importancia que teñen estes temas de actualidade porque estamos diante dunha nova gran revolución” e, en consecuencia, dun “debate aberto sobre o regulamento destes vehículos e o seu uso e de como poden ser bos para a nosa sociedade”.
José Nogueira, pola súa banda, detallou que “para esta conferencia contamos coa colaboración de expertos no que foi o desenvolvemento de drons en España a través de Marco Ruano que traballa na Universidade Carlos III de Madrid e no grupo Airbus Defensa, e Javier Barcala que traballa en Indra, empresa elixida para desenvolver o proxecto de drons en Galicia impulsado pola Xunta”.
Nogueira dixo que “o contexto é puramente divulgativo e de coñecemento”. O obxectivo, engadiu, é darlle a coñecer á xente información a cerca “do que son os drons”, os retos tecnolóxicos que hai na contorna e os retos sociais aos que nos enfrontamos coa incorporación de todos estes elementos aeronáuticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?