Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone lanza en exclusiva o Samsung Galaxy Note7 en cor prata
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone lanza en exclusiva o Samsung Galaxy Note7 en cor prata

Redacción
Publicado: 01/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

samsung_galaxy_note7_prata.jpgVodafone España anunciou hoxe o lanzamento de Samsung Galaxy Note7, que distribuirá en exclusiva en cor prata para os seus clientes. O dispositivo estará dispoñible para usuarios de Vodafone (incluídos os acabados de chegar) a partir do 9 de setembro. Segundo apunta a operadora, o novo aparello (que se pode adquirir tamén en cores azul e negra) é o complemento ideal da avanzada rede de Vodafone, nas súas palabras “a mellor rede 4G e 4G+ do mercado español”.
Nun plano máis concreto, Samsung Galaxy Note 7 é un dispositivo con pantalla de 5,7 polgadas que en palabras de Vodafone, combina as capacidades avanzadas do bolígrafo S Pen (o bolígrafo dixital dos dispositivos Galaxy, que permite escribir, debuxar e manexar os menús da pantalla) “coas últimas innovacións en seguridade para ofrecer máis posibilidades aos usuarios”.
A operadora tamén salienta que o acabado e a feitura do Samsung Galaxy Note7, onde cada detalle “foi refinado para fornecer un agarre máis cómodo, operatividade cunha soa man e durabilidade”. De feito, destaca a compañía, o aparello inclúe a tecnoloxía de protección Corning Gorilla Glass 5, e máis unha gran pantalla con dupla curvatura lateral que contribúe á lixeireza e ao equilibrio do aparello. Ademais, a pantalla incorpora o Panel Edge de accesibilidade cun toque a aplicacións, noticias e funcións.
Samsung Galaxy Note7 está dispoñible con portabilidade e compromiso de 18 meses por 33 euros ao mes con Rede L. Esta tarifa inclúe chamadas ilimitadas e 6 GB ao mes para navegar, itinerancia na Unión Europea e Estados Unidos, TDT no móbil, 6 meses de Netflix ou de Spotify Premium e 2 anos dos servizos BackUp+ e SecureNet por 45 euros ao mes (IVE incluído).

A cámara e a memoria

O Samsung Galaxy Note7 está equipado coa cámara que xa foi incluída en Samsung Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge. Inclúe a tecnoloxía de sensor Dual Pixel, apertura F1.7 e auto enfoque rápido. No que atinxe á capacidade de acubillo de datos, ademais dos 64 GB de memoria interna, Samsung Galaxy Note7 ofrece memoria ampliable e acepta cartóns microSD de ata 256 GB. Ademais, vén equipado cunha batería de 3500 mAh que se carga moi axiña a través do novo porto USB tipo C. Pódese recargar a batería de Samsung Galaxy Note7 onde estea dispoñible a carga sen fíos (compatible cos estándares de Wireless Power Consortium (WPC) e Power Matters Alliance (PMA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?