Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un profesor da UDC recibe unha bolsa de 1,5 millóns para un proxecto que amplía a comprensión dos computadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un profesor da UDC recibe unha bolsa de 1,5 millóns para un proxecto que amplía a comprensión dos computadores

Redacción
Publicado: 02/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_presentacion_starting_grant_udc.jpgCarlos Gómez, profesor da Universidade da Coruña, vén de acadar unha bolsa de investigación europea de 1,5 millóns de euros. Trátase da bolsa Starting Grant, achegada a través do European Research Council (ERC) e dirixida a servir de apoio e alicerce orzamentario para o desenvolvemento (ao longo dos cinco anos vindeiros) do proxecto FASTPARSE (Análise sintáctica rápida de linguaxe natural para procesado a gran escala), unha sólida proposta tecnolóxica cuxo obxectivo último é facilitar ao máximo a comunicación cos computadores e a súa capacidade de comprensión.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o vicerreitor de Investigación e Transferencia, Salvador Naya, e o propio investigador, Carlos Gómez, ademais do xestor de Relacións Científico-Tecnolóxicas da UDC, Xavier Alcalá, presentaron este venres 2 de setembro os detalles da concesión e do proxecto. A cita foi no sala de prensa da Reitoría (A Maestranza). Segundo fixeron saber, a Universidade da Coruña suma esta nova Starting Grant á concedida en 2012 ao profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Héctor Gómez Díaz.
Carlos Gómez pertence ao Departamento de Computación, na área de coñecemento de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e imparte docencia nas facultades de Informática e Filoloxía.
udc_carlos_gomez.jpg Proxecto FASTPARSE
Segundo se fixo saber na presentación, o devandito proxecto está “na fronteira entre a informática e a intelixencia artificial coa lingüística e baséase na incorporación da análise sintáctica ás funcións dos ordenadores de forma moi rápida”. O investigador engadiu que o seu traballo xira en boa medida arredor de permitir que os computadores entendan de verdade cal é o suxeito e cal e o obxecto dunha determinada frase, “algo que os humanos facemos de maneira intuitiva pero que os equipos informáticos aínda non son quen de facer de xeito eficaz”.
Carlos Gómez, profesor das facultades de Informática e de Filoloxía, sinalou tamén que “incorporar a análise sintáctica de forma que os ordenadores fagan moi rápido ese proceso abre moitos eidos de aplicación, como ter unha nova xeración de buscadores que atopen a información de xeito intelixente e analítico, saber analizar en tempo real todas as conversas que se produzan nas redes sociais con relación a unha determinada busca (sen necesidade de hashtags por exemplo, no caso de Twitter) ou acadar a tradución simultánea”.
O proxecto, explicou, terá tres liñas de investigación: optimización informática, características lingüísticas dos idiomas humanos e modelos cognitivos. O investigador, que confesou estar “moi motivado e con moitas ganas de traballar duro neste proxecto”, desenvolverá o seu traballo na Universidade da Coruña para o cal contratará a cinco persoas, das que catro serán investigadoras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?