Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cultura.gal estrea dúas ferramentas destinadas a fomentar a lectura entre os cativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cultura.gal estrea dúas ferramentas destinadas a fomentar a lectura entre os cativos

Redacción
Publicado: 05/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cultura_presentacion_materiais_lectura.jpgA páxina web www.cultura.gal vén de estrear importantes novidades dirixidas, precisamente, a facer máis cultura galega. En concreto, o sitio en liña habilitou dos novos materiais para facilitar ás familias e aos mediadores “propostas, ideas e experiencias para a animación á lectura entre os máis novos”. Este novos recursos son A lectura, unha chave de futuro e Guía de narrativa para prelectores e primeiros lectores. Trátase de dúas ferramentas en liña que nacen co fin “de incentivar o gusto e o hábito lector entre o público infantil”. Así o detallou o pasado venres a Consellería de Cultura, que lembra que tamén se poden consultar na libraría institucional da Xunta libraria.xunta.gal/es.
Os materiais, coeditados pola Secretaría Xeral de Cultura, foron presentados na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal polo titular deste departamento, Anxo Lorenzo, que estivo acompañado pola subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal; por Ramón Vilar, de Ronsel de Ideas, e por Isabel Mociño, de Elos-Galicia, Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil.
A idea, sinalou Lorenzo, é axudar ás familias a que fagan fronte común arredor do achegamento dos máis cativos aos libros e á cultura. Trátase, dixo, dunha tarefa compartida entre pais, nais, escola e sociedade, e para facilitar este labor, precisamente, xorden estes “dous novos recursos dixitais”, orientados tamén aos mediadores en xeral (profesorado, persoal bibliotecario, promotores culturais etc).
O manual A lectura, unha chave de futuro, coeditado xunto con Ronsel de Ideas, pretende animar á lectura e concienciar sobre a importancia do hábito lector, para o que presenta ferramentas de utilidade coas que inculcarlles a lectura aos cativos, especialmente aos que están na franxa de 1 a 10 anos. Inclúe, entre outras cousas, orientacións sobre o tipo de libros recomendables segundo as idades, suxestións para abordar a lectura dixital e reflexións sobre a utilidade de familiarizar os cativos coas bibliotecas e as librarías.
O manual acompáñase con varios vídeos dispoñibles tamén en www.cultura.gal nos que escritores e escritoras, profesores e axentes culturais de diferentes perfís comparten as súas experiencias arredor dos libros e da lectura nas primeiras idades.
Pola súa banda, a Guía de narrativa para prelectores e primeiros lectores, coeditada por ELOS-Galicia, baixo a coordinación da profesora da USC Blanca-Ana Roig Rechou, ofrece unha escolma das obras deste xénero máis relevantes da literatura infantil e xuvenil galega, co fin “de facilitar e acompañar a tarefa do mediador na selección de textos e na planificación da educación literaria”, informouse na presentación, onde tamén se recordou que cada un dos títulos (da autoría de Fina Casalderrey, Carlos Casares, Agustín Fernández Paz, Xoán Babarro e Ana María Fernández, e Paula Carballeira), acompáñase de información sobre o contexto das obras e os escritores, xunto cunha serie de actividades para traballar cos textos elixidos en diferentes espazos formativos e lúdicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?