A convocatoria da cuarta edición da aceleradora de empresas ViaGalicia está a saldarse cun elevado nivel de participación, xa que rexistrou 236 ideas de negocio nas súas sedes de Lugo e Vigo, das que 125 superaron a nota de corte e agora están a someterse á revisión do comité técnico e mailos colaboradores cos que conta ViaGlaicia (que son Aimen, Anfaco, Banco Pastor, CDTI, Cinae, CIS Galicia, Clusaga, Cointega, CRTVG, CTAG, Energylab, Gradiant, Ineo, OTRI Vigo e a Universidade de Vigo).
A semana que vén informarase dos nomes dos preto de 60 equipos que por cada sede pasarán a realizar entrevistas persoais co comité técnico, para que o 23 de setembro poida publicarse a listaxe definitiva dos 40 proxectos pro sede que pasarán ao startup day que se celebrará en Lugo e Vigo. Como criterio de selección teranse en conta tanto a fortaleza dos equipos como as ideas de negocio que mellor respondan aos criterios de innovación, acelerabilidade, investibilidade e relevancia para a economía galega.
Os proxectos finalistas da convocatoria recibirán 1.875.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido e outros 375.000 euros en gastos de formación e consultoría. Os proxectos seleccionados tamén terán aos eu dispor as infraestruturas precisas para activar a empresa, contarán con profesionais e expertos que lles asesorarán ao longo do proceso e mesmo prepararáselles para presentar cada un dos proxectos a investidores privados que poidan aportar financiamento e outros recursos.
ViaGalicia recibe 236 solicitudes para a súa 4ª edición
Compartir Este Artigo

