Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira Pont-Up Store acubillará máis de 30 actividades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira Pont-Up Store acubillará máis de 30 actividades

Redacción
Publicado: 07/09/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_pont_up_store_corbacho_gulias_figueroa.jpgEste mes de setembro vai estar cargadiño de eventos galegos relacionados coas novas tecnoloxías e o traballo colaborativo ao abeiro das redes, unha parte importante deles directamente encamiñados a facer fincapé na nosa vertente máis creativa e en amosar o noso potencial ao mundo (e, claro, ás empresas). Un exemplo disto é a feira Pont-Up Store, que se vai desenvolver entre os días 22 e 24 e que, segundo puidemos saber este martes, acubillará máis de 30 actividades, promovidas “co obxectivo de dar apoio aos novos emprendedores e emprendedoras”. O evento terá o seu eixe de operacións na Praza de España de Pontevedra. Vén da man da Universidade de Vigo, no marco do proxecto CREA S2i, co Concello como principal patrocinador. O seu fío temático será o cooperativismo e a economía social.
Segundo fixo saber o profesor Pedro Figueroa na presentación levada a cabo este martes no consistorio (acompañado polo vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías), a feira arrincará o día 22 cun Day breaker, unha sesión matinal “de música e relaxación”, diante de Ciencias Sociais e da Comunicación. Nesta xornada previa desenvolveranse tamén unhas sesións de adestramento executivo para emprendedores en economía social na Casa das Campás, promovidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e un debate sobre economía social nas industrias culturais de Galicia e Norte de Portugal. O programa desta xornada inclúe un Fab Lab de impresión en 3D e gravado láser, no que “varias empresas van a amosar os seus produtos en 3D” e que se completará con cursos de iniciación a estas tecnoloxías, segundo explicou Figueroa.
Así mesmo, esta xornada previa abrangue tamén un coloquio na sede de AJE-Pontevedra e a presentación na Casa das Campás do Programa Erasmus Emprendedor, da man da Cámara de Comercio de Santiago.
Na carpa habilitada da Praza de España a cidadanía poderá coñecer os produtos e servizos das 36 empresas novas seleccionadas de entre 115 candidaturas. De xeito complementario e paralelo, outros puntos da cidade serán tamén acubillo de actividades. Por exemplo a Casa das Campás, que acollerá o venres un coloquio sobre apoio público ao emprendemento en economía social, da man de técnicos do IGAPE, mentres que Abanca achegará no Café Moderno información sobre financiamento de iniciativas empresariais e o Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra será a sede dun coloquio sobre comercialización de servizos a través das redes sociais.
Tamén o venres 23, a Casa da Luz será o escenario do speed dating Puntazo Exprés, unha iniciativa impulsada no marco do programa Pontevedra ten un Puntazo. Consistirá en achegar unha canle de comunicación directa para dez emprendedoras e emprendedores da contorna pontevedresa e galega. Terán a oportunidade de amosar os seus proxectos é veciñanza e, tamén a empresas xa consolidadas como FINSA, Qbitia, Idoia Cuesta ou Monet Viticultura. O encontro, explicou a concelleira, pecharase cunha sesión de networking para os 36 emprendedores e emprendedoras participantes neste terceiro Pont-Up Store.
O sábado 24 clausurase o evento coa entrega de premios aos mellores proxectos participantes.
O programa de actividades abrangue iniciativas como unha sesión de networking para os participantes nas dúas anteriores edicións ou a Xincana Bike organizada coa colaboración do Club Ciclista Poio. A estas propostas súmanse ademais as 15 actividades de dinamización propostas polas empresas participantes na feira, que tamén acollerá unha mostra de proxectos e gravacións en VR e vídeo 360, promovida polo Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes Tek-Fest.
O programa complétase co curso Dinamización do Cooperativismo no sector cultural que a Federación de Cooperativas Sinerxía promove na Deputación de Pontevedra e que se desenvolverá desde o luns 19 ata o venres 23, xornada na que se pechará coa presentación na Casa das Campás dunha “iniciativa novidosa en Galicia”, o encontro de emprendemento musical Músicos ao Vivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?