Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra formará á cidadanía na creación de videoxogos indies
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra formará á cidadanía na creación de videoxogos indies

Redacción
Publicado: 07/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campus_pontevedra_cursos_extension.jpgO Campus de Pontevedra presentou este xoves o seu programa aberto de actividades para a cidadanía. Trátase de sete obradoiros de extensión cultural que a Vicerreitoría do Campus pon en marcha para este primeiro cuadrimestre e que manteñen aberto o seu período de inscrición. Haberá, entre outras cousas, actividades formativas para iniciarnos na creación de videoxogos indies e na realización de programas de radio e podcast. Para participar nestas xeiras de aprendizaxe, sinalou a Vicerreitoría, non precisaremos preparación previa sobre a materia da que traten.
Os sete obradoiros de 30 horas desenvolveranse dende este mes de setembro cun prezo de matrícula de 26 euros para os integrantes da comunidade universitaria e de 40 para a cidadanía en xeral. O programa botará a andar o 14 de setembro cunha nova edición do curso Locución audiovisual, que imparte a actriz, xornalista e actriz de dobraxe Maika Aguado. Tamén en setembro, este centro acollerá o obradoiro Radio e podcast, que impartirá o locutor José María Bará. Segundo explicou a súa directora, a profesora Aurora García, este novo taller dá continuidade a anteriores obradoiros sobre radio “poñendo o acento na locución e na capacitación do alumnado para habilitar a súa propia emisora de radio, aproveitando as posibilidades que lles brinda internet e os novos medios”. CCSS e da Comunicación será ademais este mes o escenario dunha nova edición de Fala, oratoria e comunicación. Técnicas para falar en público, impartido polo clown Al Rossel.
Tamén en setembro dará comezo na Casa das Campás o curso Comisariado e estratexias para artistas, que imparte Francisco Porto, do colectivo Latamuda. Xa en outubro, a EE Forestal acollerá o inicio dunha nova edición do taller Interpretación de instrumentos populares galegos, dirixido polo PAS Luís Torres e impartido polo músico Suso Vaamonde. Ademais, a partires do 13 de outubro CCSS e da Comunicación acollerá o obradoiro de iniciación ao teatro, impartido polo actor Salvador del Río, responsable de Ningures Producións e director das primeiras edicións da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU).
Por último, este programa completarase en novembro na Casa das Campás con Desenvolvemento de xogos indies, unha actividade dirixida pola profesora Beatriz Legerén e impartida polos egresados Adrián Santasmarinas e Iria Carballo que busca achegar ao alumnado aos conceptos básicos de deseño de videoxogos, creación de personaxes e contornas e programación e na que os participantes traballarán na creación do seu propio videoxogo independente e innovador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?