Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os organizadores da Maker Faire Galicia queren ir alén dos 150 makers participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os organizadores da Maker Faire Galicia queren ir alén dos 150 makers participantes

Redacción
Publicado: 07/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maker_faire_galicia_presentacion.jpgEste martes o Concello de Santiago presentou a Maker Faire Galicia adiantando algunhas novidades máis sobre o programa do evento, que se desenvolve os días 1 e 2 de outubro no Pazo de Congresos. O programa e os obxectivos da feira compostelá do movemento Maker (o movemento internacional das/os creadoras/es tecnolóxicos que reivindican a capacidade de todos e cada un de nós para facer tecnoloxía e contribuír a facer un mundo mellor a través dela) foron debullados pola concelleira de Turismo, Marta Lois, que estivo acompañada ante os medios de comunicación por dous membros do equipo organizador, Matilde Rodríguez e Enrique Saavedra.
Comezaron facendo referencia ás orixes da feira, cuxa primeira edición celebrouse en outubro de 2015, no centro comercial Área Central de Santiago, contando coa colaboración do Departamento de Promoción Económica do Concello. Esta primeira convocatoria foi quen de xuntar 138 makers. Ademais, asistiron como público arredor de 18.000 persoas. Agora, para a segunda entrega do evento, consolídase a arela de convertelo nun evento anual, referente, que “sirva de punto de encontro para a comunidade creadora, potenciando unha Galicia innovadora e colaborativa”.
Segundo fixeron saber Lois, Rodríguez e Saavedra, a fórmula de Maker Faire Galicia consiste “en reunir nun mesmo espazo e tempo a persoas que fan cousas incribles e están dispostas a partillalas co público”. E engadiron: “Facer visible a produción colaborativa da Galicia máis innovadora aumenta a inquedanza por aprender facendo á vez que se serve de punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as distintas xeracións”.
O programa da feira será do máis variado, tocando diferentes paus que teñen un marcado aquel de complementariedade. Serán, de feito, dous días de actividades e presentacións de proxectos sobre robótica, impresión 3D, gastronomía, electrónica, artesanía, música e arte urbana, entre outras moitas cousas. Ademais, sinalaron os organizadores, haberá espazo para obradoiros, mesas redondas, presentación de proxectos, espectáculos e actividades para todos os públicos. “Queremos ir alén das/os 150 makers participando no evento”, explicaron os impulsores da cita compostelá, ao tempo que debullaron o significado do movemento Maker: unha corrente de creación e de activismo tecnolóxico que xunta, baixo un mesmo teito, un crecente número de persoas de distintos perfís que acreditan ao máximo na filosofía do “faino ti mesmo” ou de traballar en mancomún cun mesmo obxectivo. Este obxectivo adoita ser construír tecnoloxías únicas e innovadoras que soen ter un marcado compoñente social ou solidario, ou de utilidade para o común da xente, ou para colectivos en risco. Segundo engadiron, “a cultura Maker e a súa filosofía de compartir coñecemento está permitindo a creación de novos espazos de encontro e traballo (Hackerspaces, Fablabs, Makerspaces, Techshops) nos que se fabrican as últimas vangardas tecnolóxicas e que favorecen a transferencia de coñecemento”.
Ademais, dixeron, estas novas metodoloxías impulsan a posta en marcha de novos e prometedores perfís profesionais (tecnólogo creativo, deseñador de interacción, emprendedor dunha startup de hardware, fabricante ou distribuidor de impresoras 3D, experto educativo, piloto de drons e moitos máis), de novas ferramentas educativas que funcionan con todos os públicos (e que son accesibles a todos a través de Internet” e, tamén, de novos tipos de festivais-feiras que potencian o uso das tecnoloxías creativas. É o caso, precisamente, da Market Faire Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?