O Concello de Nigrán vai desenvolver un curso de 26 horas centrado en afianzar aos usuarios nos segredos e potencialidades da venda, promoción, distribución e comunicación a través de Internet. O Curso de E-Commerce: crea e xestiona a túa tenda online vén da man da Concellería de Desenvolvemento Local e diríxese, sobre todo, a aqueles profesionais do sector comercial, sobre todo autónomos, que desexen tirar partido das posibilidades das novas tecnoloxías da información para optimizar a actividade e a competitividade dos seus negocios.
A actividade desenvolverase no Centro Antena, no 52 da rúa Otero Pedrayo, os luns, mércores e venres do 26/09/16 ao 07/10/16, das 09:45 horas ás 14:00 hora. Ofértanse un total de 15 prazas e, segundo informou o Concello, farase fincapé nos autónomos do sector do comercio, nos traballadores por conta propia de calquera outro sector e nas persoas desempregadas con interese no ecommerce para amplificar e fortalecer os seus currículos.
O prazo de inscrición neste curso gratuíto ficará aberto do 5 ao 12 de setembro, no horario de rexistro. De querermos ampliar esta información podemos contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Desenvolvemento Local no 986-365000 (extensión 7), ou formular consultas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.
Nigrán achega aos seus autónomos e desempregados ao comercio electrónico
Compartir Este Artigo

