Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG e AMTEGA fornecen contidos de ciberseguridade avanzada a dúas ducias de profesionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG e AMTEGA fornecen contidos de ciberseguridade avanzada a dúas ducias de profesionais

Redacción
Publicado: 08/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

seguridade_dixital.jpgO Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) quere seguir traballando a prol dunha Sociedade da Información máis protexida e mellor xestionada. Este compromiso coa seguridade e co coñecemento salvagardado tense materializado xa nas súas Xornadas de Informática Xudicial, de cuxa sexta edición avanzamos algúns detalles en abril, facendo fincapé no compromiso da axencia AMTEGA con estes eventos. Precisamente en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vai impartir un curso de formación en ciberseguridade os vindeiros 9, 10, 16 e 17 de setembro. A actividade celébrase en Santiago, achegando contidos a un grupo de 25 profesionais.
O curso, informan o CPETIG e AMTEGA, busca “dar resposta ao grave escollo que supón a ciberdelincuencia para as empresas e organizacións nun dobre plano”. Por unha banda, engaden, “polos prexuízos que pode supoñer ao negocio en termos de roubo de información ou espionaxe e, por outra, polo descoñecemento xeneralizado do tecido empresarial á hora de integrar e aplicar as solucións oportunas ante este tipo de delitos”.
A actividade formativa ofrece aos profesionais participantes coñecementos e capacidades necesarias para a xestión e administración da seguridade nas organizacións, segundo os modelos de ameazas actuais. O obxectivo, engaden os organizadores, é “que adquiran as destrezas para configurar de forma segura os sistemas operativos e as aplicacións, servizos e tecnoloxías empregadas en redes corporativas”.
O primeiro dos módulos, previsto para os días 9 e 10 na Cidade da Cultura, adícase a Protocolos ante Ciberataques e incidentes en Seguridade TI, e será impartido por Gonzalo Sotelo, responsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra. O contido temático deste módulo abrangue temas como a preparación de posibles incidentes de seguridade e o manexo destes incidentes, facendo fincapé nos dispositivos móbiles e as tendencias de novas ameazas.
O segundo dos módulos será os días 16 e 17 de setembro, impartido por Juan Luis G. Rambla, director técnico da área de seguridade TIC de Sidertia Solutions. O programa inclúe temas como o “bastionado” dos sistemas, a rastrexabilidade das accións, as ameazas contra a dispoñibilidade e a integridade, ou diferentes técnicas de cifrado.
“Ao remate da formación”, explican fontes do colexio que preside Marcos Mata, “as persoas asistentes terán coñecementos para facer unha implementación segura da protección precisa para empresas e organizacións, protexendo os datos e infraestruturas manexadas en cada unha das súas capas, controlando tamén os mecanismos para evitar a fuga de información”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?