Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O galego Suso Baleato achega un estudo que certifica a discriminación dixital dos grupos excluídos politicamente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O galego Suso Baleato achega un estudo que certifica a discriminación dixital dos grupos excluídos politicamente

Redacción
Publicado: 08/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_suso_baleato.jpgEste venres a revista Science, referencia mundial no ámbito da investigación e a innovación científicas, publica un traballo no que participou Suso Benítez-Baleato, membro do grupo de investigación de Análise Política adscrito ao Departamento de Ciencia Política da Universidade de Santiago. Segundo informa a USC, Benítez-Baleato foi o responsable de desenvolver os indicadores estatísticos do estudo. Nel achéganse unha manchea de datos de valor sobre unha realidade de Internet que en moitas ocasións arrédase de nós e non somos quen de ver debaixo das súas supostas vantaxes democratizadoras, integradoras e alfabetizadoras. Falamos da discriminación dixital dos grupos politicamente excluídos. Un proceso que vai a máis e que ten raizames máis fondas do que se supuña.
Segundo engade a USC, o equipo de estudosos cos que traballou o investigador galego tirou proveito de estimacións de alta precisión sobre a penetración de Internet para demostrar que “os grupos politicamente marxinados presentan significativamente menores taxas de penetración en comparación con aqueles no poder”, “un efecto que non pode ser explicado unicamente por factores económicos ou xeográficos”, avisan.
A achega do investigador galego desenvolveuse no contexto dunha estadía na universidade alemá de Constanza baixo a dirección de Nils B. Weidmann, principal asinante do artigo. En colaboración co Departamento de Enxeñería Electrónica do recoñecido Instituto Federal de Tecnoloxía de Suíza (ETH Zúric), Benítez-Baleato desenvolveu un novo método baseado na análise do tráfico global de Internet.
Segundo explica o propio Benítez-Baleato, o novo método (presentado na Universidade de Nova York) “emprega un sistema de análise espacial que permite estimar a penetración de Internet practicamente en tempo real, mesmo en zonas de guerra ou baixo o control de réximes autocráticos”.
A este respecto, o investigador da USC engade que o método funciona como se fora un telescopio de gran precisión instalado nun satélite. “Isto permite esculcar a conectividade de calquera área do planeta aumentando a imaxe tanto como sexa necesario para calcular a penetración por países, provincias ou mesmo municipios, e observar a súa evolución por anos, meses ou mesmo por semanas”, explica.
En definitiva, o obxectivo do traballo foi probar se os grupos politicamente máis desfavorecidos son sistematicamente privados do acceso ás novas tecnoloxías polos seus gobernos. O estudo, ao fío do devandito, compara os efectos de distintos factores sobre a penetración de Internet, incluíndo o nivel económico e o grao de inclusión dos grupos nas institucións políticas. Para o cálculo destes indicadores os estudosos empregaron unha gran variedade de datos, incluída a emisión de luz nocturna rexistrada polos satélites da NASA.
Segundo informan os investigadores sobre a natureza e finalidade do seu traballo, “os nosos resultados poñen de manifesto a existencia de impedimentos á chamada tecnoloxía da liberación”, impedimentos dos que serían en boa medida responsables os gobernos. De feito, aclaran, na maioría dos países en desenvolvemento os gobernos “son o principal, se non o único, provedor dos servizos de telecomunicacións”.
O informe salienta polas implicacións dos datos que achega. Segundo explica o investigador da USC, “malia que Internet continúa tendo claramente o potencial de promover a mobilización para o cambio político, os gobernos poden impedir este efecto, o que debería levar aos estudosos dos efectos da comunicación tecnolóxica a reconsiderar as circunstancias nas que Internet pode realmente contribuír ao cambio político”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?