Non só fan Administración Electrónica as entidades públicas. Paseniño pero sen pausa a veciñanza dos nosos concellos tamén comeza a asumir a importancia de empregar as novas tecnoloxías para participar máis na vida pública da súa contorna, para comunicarse mellor coas administracións e, tamén, para fomentar a transparencia. Un exemplo disto é a iniciativa posta en marcha polo colectivo Veciñ@s de Boqueixón que se dirixe a ampliar a marxe de diálogo da cidadanía coa política local. Máis polo miúdo, para facer preguntas e rogos directamente no pleno municipal. Con este obxectivo habilitouse a conta de correo preguntas.pleno.boqueixon@gmail.com.
A intención é que as preguntas, sinala a asociación, sexan polo equipo de goberno. De feito, as/os concelleiras/os do grupo municipal comprométense a formular as preguntas directamente feitas pola veciñanza así como de facer un seguimento das mesmas. Dende o colectivo, de maneira complementaria, levarase a cabo un exhaustivo traballo de seguimento ao fin de comprobar se son as demandas son solucionadas ou non polo equipo de goberno”.
Con esta iniciativa preténdese “camiñar un pouco máis cara a medidas de transparencia e de participación directa”. Para a asociación, a Internet, os dispositivos e as novas tecnoloxías en xeral teñen potencial “para converterse nunha ferramenta coa que estar máis en contacto coa realidade das persoas representadas”, acadándose unha implicación máis directa nos asuntos municipais.
A veciñanza de Boqueixón intervirá nos plenos locais a través de correo electrónico
Compartir Este Artigo

