Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Rozas acolle o 13 a segunda xornada de traballo de Civil UAVs Initiative
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Rozas acolle o 13 a segunda xornada de traballo de Civil UAVs Initiative

Redacción
Publicado: 09/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inta_uav.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) vai organizar para a semana, o día 13 e na contorna do aeródromo das Rozas (Castro de Rei, Lugo), a segunda edición das xornadas de traballo arredor do proxecto Civil UAVs Initiative. O obxectivo é dar a coñecer as actuacións que abren novas oportunidades de negocio no crecente mercado dos sistemas aéreos non tripulados para os nosos axentes da innovación. Durante este II Workshop presentarase o estado de execución da fase primeira do proxecto (contrato asinado cos socios Indra e Inaer) e as fichas de avance das que sairán as primeiras contratacións da Fase B da Civil UAVs Initiative.
Segundo informa o Centro Tecnolóxico Gradiant, a Fase B da iniciativa comezou o pasado mes de setembro co lanzamento dun proceso de consultas preliminares ao mercado, que segue aberto e ao que se presentaron polo de agora máis de 100 propostas. Estas servirán de alicerce para elaborar as ditas fichas de avance, que permitirán que as empresas coñezan de forma máis precisa as necesidades funcionais da Xunta en relación ás distintas solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas en vehículos non tripulados.
Gradiant tamén lembra, “en relación co desenvolvemento da Fase B”, que a Consellería de Economía e o Ministerio de Economía veñen de asinar un convenio de colaboración para apoiar a Compra Pública Innovadora (CPI) de tecnoloxía no ámbito dos vehículos non tripulados. O importe deste convenio ascende a 24 millóns de euros, dos que 19,2 millóns proveñen de fondos europeos xestionados polo Ministerio e 4,8 millóns serán achegados pola Xunta.
Civil UAVs Initiative
O proxecto, centrado no sector emerxente dos avións non tripulados, supón un investimento de 115 millóns de euros e a creación de 600 empregos. Nesta iniciativa a Xunta ten como socios industriais as empresas multinacionais Indra e Inaer. O obxectivo dos impulsores é converter o parque industrial e tecnolóxico das Rozas (sede de Civil UAVs Initiative) “nun referente mundial no desenvolvemento e fabricación de avións non tripulados de ámbito civil”.
O proxecto conxunto inclúe un plan asociado con contratos para 18 empresas, das cales o 70% son galegas; acordos tamén para 14 centros de coñecemento da Comunidade (entre os que están as tres universidades, o Centro Tecnolóxico Gradiant e mailo CESGA); o compromiso das multinacionais Indra e Inaer de trasladar a Galicia a súa actividade de avións non tripulados; e a construción do parque tecnolóxico e industrial en Rozas.
Indra e Inaer trasladarán a súa activade de avións non tripulados (UAVs polas súas siglas en inglés) a Galicia, comprometéndose tamén, no marco deste proxecto, á implantación de 6 novas empresas na Comunidade, a desenvolver un catálogo de produtos que se fabricarán integramente en Galicia e se comercializarán a nivel mundial, e a impulsar tecnoloxías transversais de alto impacto noutros sectores como o naval ou a automoción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?