Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comezan as accións formativas da Fundación CEL arredor da mercadotecnia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comezan as accións formativas da Fundación CEL arredor da mercadotecnia dixital

Redacción
Publicado: 12/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

curso_marketing_dixital_cel.jpgHoxe deu comezo o Curso de Mercadotecnia Dixital nas instalacións da Fundación CEL de Lugo, unha actividade formativa co-financiada pola Rede Eusumo da Xunta e que vai fornecer contidos e recursos sobre os mellores xeitos de tirarlles partido ás novas ferramentas (comercialmente e comunicativamente) a unha vintena de alumnos (emprendedores e empresarios do ámbito da economía social). Segundo informa a Fundación, acadouse coa devandita cifra o “cheo total” no que a prazas dispoñibles se refire. A actividade que arrincou hoxe (a primeira de dous cursos previstos de mercadotecnia TIC) está dirixida a membros de cooperativas e sociedades laborais de recente creación, así como a emprendedores do ámbito social.
Trátase dun curso de iniciación e outro de nivel avanzado que esgotaron as súas prazas ao pouco tempo de lanzar o proceso de inscrición. A través deles búscase “facilitar a comprensión da importancia que supón acometer procesos de transformación dixital nunha organización e a adquisición de competencias tecnolóxicas básicas”. Igualmente, fomentarase “a aprendizaxe para o desenvolvemento dun plan de comunicación dixital propio, e indicarase como tirar proveito das principais ferramentas para a súa aplicación, como blogs e redes sociais”.
curso_marketing_dixital_cel_2.jpgEsta formación está a ser impartida por un experto profesional do sector: Raúl Ordóñez, consultor e formador TIC, especializado en mercadotecnia en liña e medios sociais). A achega de contidos levarase a cabo de maneira presencial e baixo un formato eminentemente práctico.
Segundo informa a Fundación CEL a propósito dos porqués destas accións formativas, “o coñecemento e implementación de estratexias de mercadotecnia dixital é hoxe fundamental nas empresas”. Cousas como a mercadotecnia dixital, en xeral, e a mercadotecnia de contidos, en particular, “convertéronse en ferramentas fundamentais que permiten que as pequenas e medianas empresas tamén poidan chegar aos seus clientes de forma rápida e de balde, ofrecéndolles información interesante para a súa toma de decisións”, engade a entidade de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?