
Santé salientou que o sistema daranos información inmediata, integrada e centralizada sobre o desenvolvemento no tempo dos usos do solo. Estes datos, dixo, resultan “imprescindibles para unha chea de investigacións ambientais e de ordenación, e tamén para os plans urbanísticos, posto que permiten coñecer a situación actual e trazar proxectos futuros axeitados de transformación, así como obter indicadores de sustentabilidade ambiental”.
Tamén destacou que o Sistema de Seguimento da Evolución do Uso e Ocupación do Territorio é “unha aplicación doada de usar, que permite aos analistas do territorio e aos cidadáns en xeral a consulta e análise das diferentes fontes de información relacionadas coa ocupación e uso do solo”.
Entre a información que se pode visualizar e consultar atópase accesible por primeira vez o Sistema de Información de Ocupación do Solo en España (SIOSE) dos anos 2009 e 2011, que se engade aos datos xa dispoñibles do SIOSE 2005. Esta información sobre a evolución do uso do solo completarase a finais deste ano cun novo mapa do SIOSE 2014, no que está a traballar o IET dende finais de 2015.
Medio Ambiente pon en marcha un sistema sobre usos e ocupación do solo
Compartir Este Artigo

