Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O último en novas tecnoloxías culturais será é eixo do primeiro encontro de Coruña Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O último en novas tecnoloxías culturais será é eixo do primeiro encontro de Coruña Dixital

Redacción
Publicado: 12/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_dixital.jpgMañá, martes 13 de setembro, A Coruña acollerá o seu primeiro encontro Coruña Dixital, un programa promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, coa finalidade de expandir na cidade as novas prácticas culturais e creativas xurdidas a través das novas tecnoloxías. Máis polo miúdo, a xuntanza deste día 13 tratará sobre as tendencias máis innovadoras do coñecemento e a creatividade dixital. A xornada, cuxa inscrición é de balde, será a primeira acción que inaugure esta iniciativa pioneira en Galicia “formada por axentes e colectivos que traballan arredor destas prácticas e que conta con apoio institucional”, segundo indicou o edil José Manuel Sande.
“Con esta proposta, o Goberno local quere facilitar a conexión das persoas interesadas na cultura dixital e no uso creativo da tecnoloxía”, explicou o concelleiro, engadindo que “así como impulsar o emprendemento sustentable e con capacidade transformadora entre a cidadanía que quere ser parte activa de contornas colaborativas e horizontais”.
Indo á xornada en cuestión, cómpre dicir que se desenvolverá dende as 10 ata as 19.30 horas no Centro Ágora e, mediante charlas (de menos de 20 minutos cada unha), achegaranse as principais tendencias da innovación social a través de prácticas dixitais, proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios, ou de contidos dixitais colectivos, espírito Maker e robótica educativa.
No encontro, que participarán profesionais do sector como Juan Freire, José Luis Vicente, Beka Iglesias, ou Fran Díaz, tamén se analizará a situación actual do panorama galego no eido das novas tecnoloxías e narrativas de Internet. Para iso, a xornada contará coa presencia de María Yáñez, Chus Prol, Fran Quiroga e Tucho Méndez, amais de Diego Parajó, que coordinará na sesión de tarde as mesas horizontais nas que se abrirá un espazo de traballo para desenvolver, entre todas e todos os asistentes, as posibilidades desta iniciativa, que terá continuidade nos vindeiros meses.
Engadir que Coruña Dixital achegará ao longo do último trimestre do ano numerosa programación que complementará a oferta existente da cidade, entre as que se atopan o Hackathon, un evento que reunirá a profesionais do deseño, a programación e outros perfís no que se experimentará con datos e aplicacións, ou o Ateneo Atlántico de Prototipado, no que se levará a cabo un laboratorio intensivo aberto de tecnoloxías libres.
Para realizar a inscrición e obter máis información sobre a iniciativa e outras propostas para este outono da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento en relación coa cultura dixital, pódese visitar a web de Coruña Dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?